Máis Galiza pide un cambio de mensaxe e de líder no Bloque

A UPG advirte que non tolerará máis "actitudes deslixitimadoras", ás que culpa do estancamento do 20N. O BNG fuxe da autocrítica nunha carta a militancia.

Por Walter Burns | Santiago | 22/11/2011 | Actualizada ás 23:33

Comparte esta noticia

Unha das críticas recorrentes da cúpula do BNG aos medios é a suposta énfase en destacar o debate interno dentro da fronte. Desta volta a polémica xerada polo estancamento dos resultados nas eleccións xerais é tan notoria que resulta imposíbel imputala a maquinacións externas.

Na próxima Asemblea Nacional do 28 e 29 de xaneiro está en xogo o futuro a medio prazo da fronte. Non só pola nova advertencia dos Irmandiños, que insisten nunha refundación e volta ao asemblearismo como única alternativa a marchar do Bloque. Tamén polo renovado desafío de Máis Galiza ao liderado da UPG e polas críticas dos comunistas ante a suposta deslealdade dos seus compañeiros na fronte.

None

A UPG advirte que non tolerará "actitudes deslixitimadoras" do que vote a maioría

O partido maioritario no Bloque fixo pública a súa análise do 20N a través dunha editorial no dixital Terra e Tempo. Ao contrario que o voceiro nacional ao que apoia, a UPG non cualifica o resultado de "moi bo", pero si destaca o mantemento dos dous deputados nunha contorna supostamente adversa.

Tres son, na súa opinión, os factores que impediron captar votos do PSOE: a "carencia de cohesión interna que aparece magnificada para fóra", o "déscrédito e a frustación derivada dalgunhas experiencias de goberno" e a "política informativa, en medios públicos e privados, tan descaradamente agresiva e manipuladora, cando non ocultadora, coa alternativa nacionalista".

Noutras palabras, a UPG argumenta que críticas constante como as de Beiras, o recente e polémico paso polo poder na  Xunta liderado por Quintana e a suposta  persecución dos medios ao Bloque impediron medrar cando o PSOE emborcou.

Para o partido que lidera Francisco Rodríguez a recuperación pasa por "restaurar a unidade interna". E tamén lanza unha advertencia que parece unha invitación a marchar aos que non acaten o que vote a maioría dos militantes pois sinala que cómpre unha dinámica "onde non se permitan comportamentos e actitudes deslexitimadoras das decisións democraticamente tomadas".

Máis Galiza acusa a Guillerme de "triunfalista"

Unha interpretación que difire coa de Máis Galiza, a segunda corrente máis numerosa na fronte e máis próxima ao centro. "E precisa unha análise moito máis profunda e autocrítica do resultado electoral que a excesivamente triunfalista realizada polo Portavoz Nacional do BNG e refrendada por unha parte da Executiva", argumenta o Consello Nacional dos 'exquontanistas'.

O partido que lidera Carlos Aymerich entende que a lixeira caída de sufraxios "parécenos especialmente grave nun contexto no que o PSOE en Galiza perde 300.000 votos, que foron parar  en menor medida a Esquerda Unida (cun importante repunte no noso País) e en maior medida á abstención".

Para Máis Galiza o Bloque saiu tocado do 20N porque "non só non foi capaz de capitalizar ese voto descontento do PSOE, senón que mesmo perdeu parte do seu electorado", especialmente entre os máis mozos. O BNG perdeu case 30.000 votos e unhas décimas de porcentaxe de votos válidos.

E cal é a alternativa do grupo do voceiro parlamentario do Bloque? A solución pasa, na súa opinión por "cambios políticos, organizativos, de mensaxe e de liderado" para atraer novos votantes.

Táboas entende que se marcha Guillerme debe marchar toda a Executiva

O chamamento da UPG á unidade do Bloque e a conformación dunha lista integradora para a próxima Asemblea Nacional xa se pode desbotar a esta altura. Haberá guerra por captar cada un dos votos dos afiliados e lograr así, o liderado do nacionalismo.

A primeira batalla desa guerra será este sábado, onde o Consello Nacional deberá tratar a posta a disposción do cargo realizada por Guillerme Vázquez. O político pontevedrés xa aclarou que non pretende dimitir, só demostrar que el non vai ser impedimento algún para a unidade do Bloque.

Cuestionada sobre o futuro de Guillerme, a deputada e ex-conslleira Teresa Táboas dixo este martes que no Bloque non hai cargos unipersoais polo que, de ter que asumir responsabilidades polos resultados do 20N, debería dimitir toda a Executiva.

Carta aos afiliados sen autocrítica

Iso si, mentres agroman as críticas cruzadas entre as correntes, de portas para fóra o BNG, cuxo apartado goberna democraticamente a UPG, tenta transmitirlle aos seus afiliados unha análise positiva do resultado do 20N.

A fronte mandou hoxe unha misiva a todos os seus militantes na que non hai autocrítica. Na carta Guillerme Vázquez volve a insistir na mala influencia dos medios no electorado nacionalista ao lembrar que "despois das eleccións municipais de Maio deste mesmo ano publicáronse diversos artigos e mesmo estudos con prospección de voto en que se anunciaba a desaparición do Bloque Nacionalista Galego do Congreso". Por iso di que "podemos celebrar lexitimamente (...) que Galiza terá voz no Congreso".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 139 comentarios

40 Lula

A aspiración a ter unha verdadeira presenza no parlamento do estado e a formar parte dunha alternativa de goberno en Galicia, debería estar entre os obxectivos do BNG. Eu coincido co punto de vista que defende Aymerich: hai que ampliar os horizontes e capitalizar en votos a presenza da esquerda preocupada pola desaparición da nosa identidade, economía, paisaxe, cultura... É necesario atopar puntos de encontro, e minimizar as diferenzas(que de certo existen) entre as diferentes opcións (EU, e agora EQUO). Do meu punto de vista, ou isto, ou máis PP. Claro que o primeiro que ten que haber é moita autocrítica e menos sectarismo e miopía.

39 Obi

É que se +Galiza fose cohenre có que eles mesmos din, que a figura do candidato e o portavoz teñen que ser a mesma deberían de ser conscientes de que estes resultados son tan responsables Guillerme como Aymerich, así que un esforzo polo proxecto político e a un lado señores. Polo que se ve por todolos lados moi cego hai que ser ou os únicos nomes que se oen dende fóra son Martiño e Teresa. E a UPG xa lle vale, queren unidade pero non existe, que se fagan a un lado por primeira vez para que así polo mesmo os que a critican non teñan cabeza de turco se o Bloque volve a baixar, ou é o medo a que suba o que fai que non se movan? A UPG vai a morrer matando? Que solución tan sinxela e como se crean problemas da nada.

38 rudesindo

Cumpre unha renovación real, de mensaxe e de persoas. é o tempo de Martiño e de Táboas, co resto tamen hai que contar, pero noutra posición. Os de sempre teñen que deixar paso

1 Rayleigh

Unha das poucas intervenzóns que verdadeiramente din algo. Máis eu, apostaría por Teresa Táboas, o mellor non coma portavoz, senón coma candidata ó goberno de Galiza. Para o outro posto, quizáis coma ti dis: Martiño. E dos demáis non sobra ninguén.

2 Hamlet

http://www.galiciahoxe.com/hemerote... ...ollai a data,,,,,,Martiño tamén

3 Obi

O, menuda nova, que nivelón, si señor, que lucidez a do encontro irmandiño. Hai que entender tamén que Martiño está a fronte dun concello.

4 Hamlet

En calquera caso, alén persoas o que se precisa é un equipo intelectualmente consistente e con capacidade contrastada de xestión.....E un modelo de pais, no que, independentemente da orixe ideolóxica de cada quen, se partille un proxecto común, de presente, que deite sobre a mesa a viabilidade cultural, económica e social deste pais....Os militantes teñen a palabra

5 rudesindo

Obi, non pretendo outra cousa que procurar pontos de encontro -non necesariamente irmandiño- e probablemente non descubro nada novo. En todo caso, digo non sobra ninguen, nin Jorquera, nin Vilameá ... nin Alba Nogueira... ni Beiras, Camilo, Paco Rodriguez, Pontón, Guillerme, Aymerich... pero o seu posto non ten por que ser necesariamente na executiva nacional ou no Parlamento (polo menos o sitio de todos)

6 celidonio

Claro, que vai ser do Jorquera, da Pontona, do Cela, da Aboi, da familia Abraira, do Lobeira... Todos sen oficio nin beneficio, hai que apiadarse dos pobres colocados da UPG, así facemos un país de miñaxoias dependentes do coronel! Brilante Rudesindo, moi lúcido!

7 Rayleigh

ah claro celidonio...sabes que eres un falabarato, non? Palabras baleiras...levamos 132 mensaxes e aínda non vin NIN UNHA sóa alternativa da clase de xente coma ti. NIN UNHA.

8 celidonio

Entendo que che doia Ray, será que ti coxeas do mesmo pé que os mantidos? As eleccións foron un éxito, verdade?

9 Rayleigh

Que me doe? Sobre as eleccións busca as miñas intervenzóns. Non me teño que xustificar ante ti. En canto o demáis, a miña cuestión é moi simple. Que alternativa hai? Resposta do celidonio: es un mantido. Parecedes robots. Tedes un programa fixo e de ahí non saídes. Acusando os que vos marcan en corto e non se tragan as mensaxes mononeuronais, o BNG vai gobernar Galiza, non si?

37 unhomedepaco

Isto é morrer a poucos. Val máis un final con horror que un horror sin final.

36 cuspedriños darriba

O importante é que os cartos que recibe o BNGuai polos dous deputados e polos votos obtidos dan para que os mantidos vivan outros catro anos e logo: Maloserá vivamos como galegos!