Marta Rivera di que Cs chegou a Galicia para quedar e di que "non ten nada que ver" con Vox

A candidata pola Coruñ, que é de Lugo, asegura que antes non se presentou por Galicia porque este partido "non tiña implantación aquí".

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 01/04/2019 | Actualizada ás 13:43

Comparte esta noticia

A cabeza de lista de Cidadáns ao Congreso pola provincia da Coruña, Marta Rivera, asegurou que a formación laranxa preséntase ás eleccións xerais con candidaturas en Galicia coa vontade de "quedar" e ter incidencia tamén nas eleccións municipais de maio e as próximas autonómicas.

Ademais, en rolda de prensa e a preguntas dos xornalistas sobre Vox --tras o pacto subscrito en Andalucía--, dixo descoñecer se este partido concorrerá, finalmente, con "candidaturas formalizadas". No entanto, afirmou que a formación laranxa é "todo o contrario" á liderada por Santiago Abascal.

"Vox é todo o contrario ao que é Ciudadanos, igual que o é Podemos". "Son formas de populismo de diferentes signos, pero o obxectivo é o mesmo, dar solucións moi sinxelas a problemas moi complexos que non se solucionan así", engadiu.

Do PP, manifestou que "non lle interesa" que a formación laranxa "creza en Galicia porque se convenceron de que isto é seu". "Se cadra o que non queren é que se evidencie o pouco que traballan eles por Galicia", apostilou.

PARTIDO "IMPLANTADO" EN GALICIA

En canto á súa candidatura, explicou que se presenta "comprometida" coa provincia da Coruña. A preguntas dos xornalistas, tamén expuxo que se nas anteriores eleccións presentouse por Madrid foi porque o partido non tiña "implantación" en Galicia, sinalou Marta Rivera, natural de Lugo, onde, segundo explicou, segue empadroada.

"Agora o partido está ben implantado en Galicia", remarcou. "Estamos ben colocados na grella de saída", argumentou tamén para incidir en que "ninguén como Ciudadanos" saberá afrontar "o desafío populista e independentista".

En canto ás súas propostas para Galicia, dixo que "moitas das medidas" que inclúen no seu programa electoral están "adaptadas" á realidade desta Comunidade. Entre elas, citou as vinculadas cos autónomos e as pemes ou as relacionados co rural, para frear o seu abandono.

No tema lingüístico, defendeu "garantir" na escola a aprendizaxe do castelán e do galego, pero rexeitou que este idioma ou as demais linguas cooficiais en España sexan "unha barreira" para opositar na Función Pública.

Marta Rivera (Cs) aposta por un acordo de Goberno co PP
Marta Rivera (Cs) aposta por un acordo de Goberno co PP | Fonte: Ciudadanos

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Fredo

Quédalle moi ben o parachute. A ver cantas paridas solta en campaña.