Así foi a caída de Pérez Miramontes, das grandes conexións co PP ás fraudes e prostitución

O ex presidente de Xóvenes Agricultores movíase ben entre a alta sociedade pontevedresa e os dirixentes do PP, entre eles, Rajoy, Ana Pastor, Palmou, Louzán ou Lete Lasa, ata a súa caída en desgraza en 2016. A partir de entón comezou outro tipo de negocios que o levaron a súa detención este mércores. Feijóo mostra "preocupación cero" pola súa detención.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/04/2019 | Actualizada ás 14:43

Comparte esta noticia

A detención do ex presidente de Xóvenes Agricultores (XX.AA), un sindicato agrario vinculado ao PP e que desapareceu en 2016 tras contraer numeroso problemas económicos, non sorprendeu a dirixentes do Partido Popular. Facía tempo que Juan Pérez Miramontes estaba apartado dos círculos de poder deste partido, precisamente, tras a disolución desa central sindical.

Juan Pérez Miramontes, ex presidente de Xóvenes Agricultores
Juan Pérez Miramontes, ex presidente de Xóvenes Agricultores | Fonte: XX.AA.

Tras a a súa caída en desgraza, Juan Pérez Miramontes era un habitual nas reunións sociais e políticas que o ex presidente do Goberno central, Mariano Rajoy, en Sanxenxo, nas súas vacacións de verán. Un dos seus principais valedores dentro do PP era o líder deste partido en Pontevedra e ex presidente da Deputación, Rafael Louzán. De feito, familiares directos de Miramontes foron colocados no órgano provincial.

Miramontes foi un dos principais responsables da desaparición de XX.AA. tras unha grave crise económica. O recorte das xenerosas subvencións que recibía da Xunta abocou ao sindicato, coñecido pola súa afinidade política co PP, ao concurso de acredores. A central sindical morreu con débedas pendentes con Facenda, a Seguridade Social e numerosos provedores e sen pagarlle ao case cento de traballadores.

VIAXES EN IATE CON RAJOY

De feito, os traballadores querelaronse contra Pérez Miramontes e o secretario xeral de XXAA, Francisco Bello, por estafa e fraude en subvencións. Acusabano de enriquecimento ilícito tal e como xa publicou Galicia Confidencial no seu día.

Entón soubose que era posuidor dun iate, La Peregrina, de 15 metros de eslora e tres cubertas, amarrado no porto de Sanxenxo (Pontevedra), que utilizaban nas súas travesías estivais tanto Mariano Rajoy e a súa esposa como Ana Pastor e o seu marido ou o expresidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, tamén do PP, e o exconselleiro de Xustiza Xesús Palmou.

Xa en 2012 a revista Interviú publicou que Xóvenes Agricultores contrataba servizos e compraba material a empresas dun cuñado e dunha das fillastras do seu presidente. Pérez Miramontes está casado coa viuva dun dos propietarios de Recreativos Manzano, a empresa que deu lugar a Egasa, á súa vez dona do 50% do Casino da Toja.

Interviu tamén publicou entón que unha das súas fillas, socia única de ComuniK2 Comunicación, facturaba ao sindicato presidido polo seu pai por “actuacións subvencionables” nos cursos de formación a agricultores en paro que pagaba a Xunta.

A partir da disolución do sindicato, Miramontes adicouse a outros negocios vinculados coa formación de cursos, cuxos mecanismos coñecía ben do seu paso polo sindicato. Así, aparece como administración de Proyectos Formativos del Siglo XXI e Inversiones Dínamo e mantén negocios coa Asociación de Autónomos de Galicia-Audegalia. Tamén di ser director de Inversiones Medioanbientales SA.

Con todo, a Policía levaba tempo seguindo os seus pasos polos seus vínculos cunha rede de trata de blancas que traía mulleres de Paraguai para explotalas sexualmente. De feito, ese foi o motivo da súa detención.

Miramontes, detrás de Rajoy, no seu iate A Peregrina nunha das excursións con líderes do PPdeG. Nesta ocasión tamén acudiron Louzán e Ana Pastor
Miramontes, detrás de Rajoy, no seu iate A Peregrina nunha das excursións con líderes do PPdeG. Nesta ocasión tamén acudiron Louzán e Ana Pastor | Fonte: burbuja.info

FEIJÓO

Tras coñecer a noticia, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, dixo que "non lle preocupa" a detención este martes do expresidente do sindicato Xóvenes Agricultores (XX.AA.) Juan Pérez Miramontes nunha operación policial contra trátaa de mulleres en Santiago.

"Preocupación cero", dixo o titular do Goberno galego ao ser preguntado este mércores. "Non me preocupa máis que que se aclare calquera cousa que afecte a calquera galego. (...) Que aclaren as posibles sospeitas que hai sobre eles e deséxolles sorte a todos, por suposto, a este galego e a calquera galego en calquera momento", respondeu.

INICIOS DA OPERACIÓN

O Xulgado de Instrución número 3 de Santiago comezou a dirixir a investigación sobre trata de seres humanos e contra a prostitución en decembro de 2018 no marco da que foron detidas seis persoas en Galicia e outro tres en Paraguai. Segundo confirmaron fontes xudiciais, a operación foi levada a cabo pola Brigada de Estranxeiría de Madrid, a Brigada de Estranxeiría de Santiago e a Fiscalía de Paraguai.

No marco deste operativo, ademais do nove detencións, practicáronse seis entradas e rexistros no partido xudicial de Santiago de Compostela. Entre os delitos polos que se segue a causa inclúese trata de seres humanos con fins de explotación sexual, favorecimiento da prostitución e alteración do estado civil de menores, concretaron as mesmas fontes policiais.

O expresidente de Xóvenes Agricultores Juan Pérez Miramontes é un do seis detidos en Galicia no marco desta operación que investiga unha rede que captaba mulleres en Paraguai e traíaas a Santiago de Compostela, onde eran obrigadas a exercer a prostitución. A operación está aberta e decretouse o segredo de sumario por parte do xulgado compostelán que instrúe a causa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 mortinato

Autenticos elementos dexenerados, agora podemos decir que son presuntamente criminais todo o pepeiro, uns e barcos da drogas e outros en clubes do prostituecio "trata de brancas" ... por onde pasa sementan a destrucción e o roubo, aquí esta a moralidade do pepeiro e dos seus socios siudagramos e VO-SS... non ha ningún bo son xente ma... moi maos, viñeron de expaña para destruir a Galiza para arrasarnos coma nazon e entregarnos a expaña cañi... os expañolentos son un cancro! un insulto a conciencia do home libre.