Había obras de Antón Lamazares, Acisclo Manzano ou Laxeiro. Unha taxación encargada polo editor no ano 2020 valoraba a colección de arte de 'El Correo Gallego' en máis de 460.000 euros. Outra realizada no 2023 pola administración concursal, en pouco máis de 50.000 euros, o que supón unha perda de máis do 89 % do valor orixinal.
  comenta   0
Nucamsa, Rivero e Frigodeza, do Grupo Campos, solicitan a declaración de concurso de acredores.
  comenta   0
Un informe elaborado pola UDEF recolle as empresas, moi variadas, que fixeron aportacións monetarias a El Correo Gallego cando estaba case en quebra técnica. Algunhas foron por concesión directa de préstamos e outras por acordos publicitarios ou patrocinios. Nesta primeira parte analizamos varios préstamos e ingresos, estes rapidamente eran derivados a outras moitas para eludir o pago de débedas.
  comenta   1
O Galicia Confidencial tivo acceso exclusivo ao informe elaborado por parte do Grupo de investigación de Branqueo de Capitais da Unidade de Delincuencia Económica e Fiscal da Policía Nacional (UDEF) a raíz da investigación realizada sobre a información bancaria do grupo de empresas que integraban Editorial Compostela. Agora, El Correo Gallego é propiedade do grupo Prensa Ibérica tras non poder superar a súa situación económica e saír a poxa pública.
  comenta   0
Situado no concello de Padrón e xa extinto, chegou a ser nos anos 80 o serradoiro coa maior cota de mercado de Galicia. Adicouse á fabricación de travesas para as vías do ferrocarril e de doias para os barrís, pero, sen dúbida, o seu despegue chegou da man do parquet.
  comenta   0
A xuíza indica que se tivo en consideración a disposición mostrada polo accionista maioritario do Real Club Deportivo (Abanca) "de prestar o financiamento suficiente para o cumprimento do convenio resultante tras a modificación".
  comenta   1
Fontes coñecedoras da operación consultadas por Europa Press aseguraron que o acordo de venda da compañía ao grupo Wofco está "canalizado", aínda que aínda non foi asinado.
Fandicosta entrou en preconcurso de acredores o pasado mes de outubro. Na actualidade atópase en pleno proceso de venda a Wofco, despois de ser a oferta seleccionada para dar continuidade á compañía. Precisamente esta oferta de compra inclúe o mantemento do 90 % do persoal produtivo de Fandicosta, que supón un 75 % do total de traballadores da empresa.
Así o expuxo a alcaldesa, Inés Rey, en rolda de prensa na que, sobre as vivendas proxectadas, remarcou que non é unha "competencia propia", pero que se fai dentro dos recursos municipais para "paliar a ausencia de investimentos suficientes por parte de quen si ten esas competencias e non inviste na cidade", sostivo sobre a Xunta.
  comenta   0
'Plaza Chica' atópase actualmente en concurso de acredores ante a actuación de Garda Civil polos presuntos delitos de fraude alimentaria, estafa e contra a saúde pública.
  comenta   0