A Xunta convoca 60 prazas máis no Sergas en plena folga de Atención Primaria

O Servizo Galego de Saúde ofertará con esta ampliación un total de 126 prazas na categoría de persoal de servizos xerais.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/04/2019 | Actualizada ás 12:45

Comparte esta noticia

O Sergas, Servizo Galego de Saúde, amplía en 60 o número de prazas ofertadas no concurso-oposición da categoría de persoal de servizos xerais, que se sumarán ás 66 convocadas pola resolución do 1 de marzo de 2019 da Dirección Xeral de Recursos Humanos. Con esta ampliación, explica a Consellería de Sanidade nun comunicado, son un total de 126 prazas as convocadas nesta categoría, das cales 56 corresponden á quenda de acceso libre, 63 ao grupo de promoción interna e sete no de discapacidade xeral.

A porcentaxe de participación nas oposicións do Sergas na categoría de. XUNTA DE GALICIA
A porcentaxe de participación nas oposicións do Sergas na categoría de. XUNTA DE GALICIA

As nove prazas reservadas no decreto de oferta de emprego do ano 2018 para o seu acceso polo grupo de discapacidade intelectual "serán obxecto de convocatoria diferenciada", aclara a Xunta. O prazo de presentación de solicitudes finalizará o próximo 30 de abril. Na web do Sergas, dentro do apartado de emprego público, recóllese a información para a inscrición neste proceso selectivo.

REFORZAR PERSOAL

Sanidade destaca que con esta oferta de 126 prazas para a categoría de persoal de servizos xerais "preténdese reforzar e estabilizar ao persoal administrativo que presta servizos na Atención Primaria de Galicia".

Esta categoría, engade a Consellería, "irá seguida doutros procesos selectivos nas categorías de médico de familia, pediatra e odontólogo", que está "previsto negociar e publicar proximamente" e que, matiza, "suporán un importante incremento dos efectivos que prestan servizo no ámbito da Atención Primaria, definido como un obxectivo prioritario de mellora deste nivel asistencial".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta