Turismo de Fronteira, un novo concepto de turismo entre Galicia e Portugal

Un foro en Braga analizará esta nova estratexia que xorde no marco de dúas iniciativas do Eixo Atlántico.

Por Galicia Confidencial | Braga | 09/04/2019 | Actualizada ás 20:00

Comparte esta noticia

Turismo de Fronteira. É o novo concepto turístico que o Eixo Atlántico pretende poñer en marcha nas dúas beiras da fronteira. Por iso, o próximo 30 de maio Braga acollerá o Primeiro Foro de “Turismo de Fronteira Europeo”, no que se enmarcan dúas accións financiadas con fondos europeos de cooperación: O Proxecto Destino Fronteira, financiado polo POCTEP España-Portugal e o Proxecto EPICAH, financiado por Interreg Europe e liderados ambos polo Eixo Atlántico.

Vilanova da Cerveira, á esquerda, e a fortaleza de Goián, á dereita, estarán unidas por unha ponte peonil
Vilanova da Cerveira, á esquerda, e a fortaleza de Goián, á dereita, estarán unidas por unha ponte peonil | Fonte: vigoenfamilia.com

Este concepto, así mesmo, desenvolve unha estratexia baseada na preservación do patrimonio natural e cultural dos territorios de fronteira para o seu aproveitamento económico a través dun turismo sustentable. A idea que impulsa é a de convidar as persoas a que percorran a fronteira e que non se limiten a cruzala, xa que estas adoitan ser territorios con gran riqueza histórica, cultural e natural.

En Destino Fronteira participa conxunto da fronteira hispano portuguesas a través dos socios da Rede Ibérica de Entidades Transfronteirizas, RIET, que promove identificar fontes para o desenvolvemento económico e a repoboación da fronteira en base a un turismo sustentable centrado no patrimonio natural, cultural e monumental. 

Segundo apunta o Eixo Atlántico nun comunicado, o novo concepto de Turismo de Fronteira é unha evolución do de “Dous países, un Destino” que naceu na eurorrexión Galicia - Norte de Portugal, impulsado polo Eixo Atlántico hai uns anos e que se está estendendo por outras fronteiras europeas.

Neste contexto, o Foro de Braga é o primeiro evento desta estratexia que terá continuidade nunha reunión cos novos eurodeputados, tras as eleccións do próximo mes de maio, e que se celebrará en Bruxelas no mes de novembro. A reunión abordará o impulso ás políticas de turismo e promoción do patrimonio cultural e natural que inclúa, entre outras cuestións, o posible nomeamento dun Comisario Europeo de Turismo e Patrimonio. O enocntro reunirá a especialistas de toda Europa e pretende aglutinar a todos os sectores da eurorrexión implicados no desenvolvemento do turismo transfronteirizo.

A participación no foro require de inscrición, así mesmo gratuíta, na ligazón https://forms.gle/CM8LqxUnA7Kyndrk9 até o próximo día 13 de maio ou até a cobertura do aforamento, limitado a 200 persoas, para garantir a calidade do debate entre os asistentes.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

1 Nemetoi

Qué fronteira? A mental? Porque eu máis alá do sur do Miño síntome en Galiza.

1 arredista

Que fronteira? a fronteira máis antiga do mundo, que ten mil anos.

2 teutonio

Home, algúns menos, e esa fronteira é das máis permeables, a nivel económico, social, cultural e demográfico da UE. E iso que agora xa non hai o contrabando unindo as economías, familias e sociedades dos dous países.