Temas: VIñO SOBER

A emigración galega de medio mundo coñecerá Sober por unha postal

Uxía Trail Bates foi a gañadora dun concurso que organiza o Concello de Sober con motivo da Feira do Viño de Amandi. A súa ilustración converteuse nunha tarxeta postal prefranqueada que chegará a galegos de Europa e América.

Por X.M. Fernández | Sober | 12/04/2019 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

O Concello de Sober, organizou este concurso de debuxo infantil para que os máis pequenos/as coñezan a cultura do viño e se identifiquen con ela pois forma parte moi importante da identidade do lugar. A través dun acordo con Correos converteu o debuxo gañador nunha postal prefranqueada que se enviará aos Centros Galegos de Europa e América.

O Alcalde de Sober, Luis Guitián, cos nenos e nenas participantes no concurso. Foto: Prensa Sober
O Alcalde de Sober, Luis Guitián, cos nenos e nenas participantes no concurso. Foto: Prensa Sober

Con esta iniciativa tanto a XXXIX Feira do Viño de Amandi, como a localidade de Sober e toda a Ribeira Sacra terán presenza en todos aqueles países nos que exista un Centro Galego, tanto en Europa como en América.

No concurso participaron os centros escolares do Saviñao, Pantón e Sober, con 100 orixinais. O debuxo gañador foi o de Uxía Trail Bates, do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme de Sober. Os traballos de todos os participantes están expostos na Casa da Cultura de Sober.

O Concello de Sober agasallou coas postais a todos os nenos e nenas que participaron no certame de debuxo e fixo entrega dun lote á gañadora e ao centro gañador, o CEIP Plurilingüe Virxe do Carme de Sober. A gañadora recibe tamén un premio valorado en 150 euros e concédese un accésit de 50 euros ao mellor debuxo de cada colexio participante.

A Feira do Viño celebrarase en Sober os días 20 e 21 de abril.

Postal co debuxo de Uxía.
Postal co debuxo de Uxía.

Temas: VIñO SOBER
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta