O Concello da Coruña entrega a 14 cooperativas de centros escolares as "licenzas" de venda do Proxecto Semente

Destaca a importancia dos valores do "emprendemento e da cooperación".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/04/2019 | Actualizada ás 18:51

Comparte esta noticia

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, e o concelleiro de Emprego, Alberto Lema, participaron na entrega das "licenzas de venda" do Proxecto Semente, unha iniciativa na que alumnado de entre terceiro e sexto de Educación primaria e Educación Especial da cidade aprende a xestionar unha empresa baixo a forma de cooperativa.

"Este programa busca achegar os valores do emprendemento e da cooperación aos mozos co obxectivo de que aprendan a traballar en equipo de maneira coordinada e a decidir entre todos e todas", explicou o rexedor, que animou ao alumnado a pór en marcha prácticas "para un comercio xusto e unha economía social, que teñan en conta ás persoas".

Este ano participan 14 cooperativas dos centros educativos CPR Karbo, CEIP San Pedro de Visma, CPR Montegrande, CEIP Juan Fernández Latorre, CPR Fillas de Jesús, CPR Cid, CEIP Manuel Murguía, CEE Nosa Señora de Lourdes e o CPR Grande Obra de Atocha. O mercado de venda dos seus produtos celebrarase o 31 de maio.

O Concello da Coruña entrega a 14 cooperativas de centros escolares as 'licenzas' de venda do Proxecto Semente. CONCELLO DA CORUÑA
O Concello da Coruña entrega a 14 cooperativas de centros escolares as 'licenzas' de venda do Proxecto Semente. CONCELLO DA CORUÑA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta