Adeus a Elnosa na ría

6 de xaneiro de 2014. Será o último día de produción de Electroquímica del Noroeste (Elnosa) na súa localización actual.

Por Telmo Martín | Pontevedra | 11/12/2011

Comparte esta noticia

É a demostración de que a Xunta cumpre cos seus compromisos e, ademais, de que o fai coa determinación daquel que cre nas súas decisións.

Elnosa terá que marchar da ría. Anunciouno hoxe en Pontevedra o conselleiro Agustín Hernández. A decisión baséase en que a fábrica non emprega tecnoloxía compatible coa normativa europea de limite de emisións que entrará en vigor en xaneiro dese ano.

A Xunta de Galicia está no bo camiño, fronte á demagoxia de dúas forzas políticas como BNG e PSOE, que en tres mandatos no Concello -doce anos, pouco tempo- non foron quen de facer absolutamente nada para recuperar a fachada da nosa ría, máis alá de manifestarse cada 5 de xuño. Os resultados do seu labor están claros e son os mesmos que cando tiveron responsabilidades no Goberno autonómico: non os hai.

Detrás do anuncio de hoxe hai centos de horas de traballo. Tamén dende o Partido Popular de Pontevedra, onde non se descansou ata chegar aquí. Cómpre lembrar que, mentres uns falan, outros actúan, e foi o PP o partido que no seu día, mesmo na campaña electoral, atreveuse a falar para que o complexo Ence-Elnosa quedase na bisbarra pero fóra de Lourizán.

Pontevedra deu hoxe un paso moi importante para recuperar o contorno da súa ría. É de esperar que os responsables de Elnosa aproveiten a oportunidade que lles brinda a Consellería de Medio Ambiente para buscar, ao longo destes dous anos, unha nova localización.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA