Por Galicia Confidencial | Riotorto | 15/04/2019 | Actualizada ás 09:00
Riotorto celebrou este domingo a XIII Feira de Artesanía do Ferro, que reuniu a 28 ferreiros de varios de Lugo, Galicia e Navarra. A cita, tivo lugar no recinto feiral da vila e congregou a máis dun milleiro de persoas no municipio.
Durante a xornada púidose desfrutar dunha exposición de artesáns e produtos do campo, actuacións musicais, a presentación do libro A idade de Ferro de Xosé Salgado, demostracións en vivo da artesanía do ferro a cargo dos Ferreiros de Riotorto, o ferreiro austríaco Friedrich Brasmsteidl; Alberto Leis de Santiago de Compostela; o Centro de Interpretación da Forja (Forjas Brun de Navarra); o ferreiro Antonio do Corgo; ferreiros da Fonsagrada e Forxa Chao, de Santiago de Compostela, demostración dos oficios de pirogravado, a cargo de Pirogravados do Norte do Concello de Ortigueira; torneado de madeira e espectáculos infantís para os máis pequenos.
No recinto feiral cuberto baixo carpa, tamén se puido degustar polbo e comida tradicional. Houbo animación musical durante toda a xornada a cargo dos Gaiteiros de Riotorto e a Charanga Louband. Podes ver vídeos da feira en XdM.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.