A programación comeza o sábado 5, día no que estará Treixadura en concerto na carballeira, e o resto de actividades alongaranse ata o 13 de novembro. A tradicional feira cabalar será o día 11, e destacan tamén a 'Refeira' e un 'magosto reivindicativo' polo XX aniversario do Prestige os días 12 e 13 respectivamente.
  comenta   0
Tamén haberá "Verbena Galega D'antes", a Mostra Tradicional Galega do Domingo das Mozas ou o programa "Cultura Tradicional no Camiño".
O Carballiño volve bater a súa marca coa tapa de polbo máis grande do mundo: 515 quilos en menos de 11 minutos.
  comenta   0
A última campaña facturáronse máis de 15,5 millóns de euros, o que "constata a recuperación da especie".
  comenta   0
O Concello promete que o programa de actividades converterá as prazas da vila no escenario de concertos, festivais de corais, danza, cinema, teatro de marionetas e exposicións, entre outras propostas.
  comenta   0
O Goberno central entende que "contén todos os ingredientes para mergullar ao visitante nas orixes da tradición 'pulpeira' da comarca do Carballiño e do folclore e gastronomía de toda Galicia".
  comenta   0
Haberá casetas e atraccións na Alameda, ademais dos habituais concertos, entre os que se atopan as Tanxugueiras.
  comenta   0
“Por aquelo da proximidade, e porque suporía un fantástico fito que o galego fose a lingua na que se sentisen identificados máis aló do Padornelo, tiña curiosidade por coñecer o tema “Terra”, presentado polo grupo galego “Tanxugueiras”.
  comenta   0
Son da mesma especie e mesmo presentan un sabor semellante, pero algunhas das características que presentan permiten distinguilos.
  comenta   0
Multiplica por sete as capturas e por oito os ingresos; o prezo medio alcanza a segunda cifra máis alta da serie histórica: 9,3 euros o quilo.
  comenta   0
Alejandra, Claudia, Luz e Anxo son catro galegos que viven no estranxeiro. Contan como mudou a súa perspectiva sobre o galego e a cultura desde que están fóra e tamén como viviron a pandemia lonxe das súas familias.
  comenta   0
O horario de traballo das embarcacións con nasas para o polbo iniciarase ás 06 horas --aínda que poden saír de porto ás 05 horas-- e finalizará ás 16.00 horas. O número de nasas permitido establécese en función do tamaño da embarcación e do numero de tripulantes.
  comenta   0
Datos achegados por investigadores da Universidade de Vigo mostran que ambos os sectores sufriron unha importante diminución das capturas, ingresos e prezo medio por quilo nas lonxas galegas. No medio desta crise, Xunta e Estado manteñen un conflito polo recurso presentado polo Goberno central contra a orde pola que se aprobou o plan xeral de explotación marisqueira para 2021-2023.
  comenta   0
Un hostaleiro sancionado por vender polbo ilegalmente denunciou a outros tres "pulpeiros". O PP pedirá explicacións á edil de Seguridade Cidadá e acusa o Concello de realizar unha "caza de bruxas" contra a hostalaría.
  comenta   0
A Consellería do Mar e o sector acordaron este novo plan do polbo para o próximo ano, que entra en vigor este venres e que permanecerá vixente ata que se publique o plan do ano que vén, que fixará a seguinte veda.
  comenta   0
A maior parte do diñeiro é para anuncios en medios de comunicación galegos, pero tamén para a contratación de "influencers".
  comenta   0
O Concello aproveita as restriccións sanitarias para botar unha man ós artistas galegos con diversos concertos.
Estarán diseminados por distintos puntos da cidade. O obxectivo é relanzar a mermada economía do sector hostaleiro, moi tocada pola crise.
UGT Galicia e CC.OO. esixen a convocatoria da mesa de Sanidade para recuperar as condicións de traballo "que subtraeron unilateralmente"
  comenta   0
O período de veda do polbo significa que queda expresamente prohibida a captura desta especie, por medio de calquera arte, en augas nas que Galicia ten competencias en marisqueo.
  comenta   0
“Vilalba, Meira, Castro… Son feiras que sempre funcionaron". Os postos de roupa mestúranse con aqueloutros onde se venden fabas, grelos, patacas, fouciños, bolos de pan e mesmo coellos. A veciñanza concorda á hora de referir unha diminución na afluencia de xente, pero teñen claro que hai algo que mantén viva esta feira: o polbo. "En ningún lado sabe tan ben coma en Castro".
O marisco, o polbo, as carnes, os peixes ou os viños da fachada atlántica galego-portuguesa buscan o seu recoñecemento. Entidades de Galicia e Portugal queren que acade este recoñecemento igual que xa ten a dieta mediterránea. Porán en marcha un grupo de traballo para presentar unha proposta en 2021, ano Xacobeo.
  comenta   1