Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/05/2024 | Actualizada ás 15:34
O municipio do Pino volverá este sábado a ser escenario da tradicional 'romaría popular' que organiza o PP da Coruña (tras o parón da pandemia retomouse en 2022) e contará, nesta ocasión, non só co líder do partido, Alberto Núñez Feijóo, senón tamén a presidenta da Comisión Europea, Ursula Von der Leyen.
Fontes populares consultadas por Europa Press indicaron que está previsto que tanto Von de Leyen como Feijóo interveñan nesta romaría mitin, do mesmo xeito que o presidente da Xunta e líder do PPdeG, Alfonso Rueda. O habitual é que tamén o faga o presidente provincial dos populares coruñeses, Diego Calvo.
Farano ante uns 4.000 asistentes que, ademais, poderán gozar dunha comida (a prezo de 30 euros por menú) composto por empanada, polbo e carne 'ao caldeiro'. De sobremesa, poderán degustar a tradicional torta de Santiago; e para beber, viño e auga. Tamén haberá amenización musical con grupo e DJ.
REUNIÓNS PREVIAS CON FEIJÓO E RUEDA
Von der Leyen e o líder do PP reuniranse previamente coa lei de amnistía e a defensa do Estado de Dereito como un dos temas centrais, segundo informaron fontes 'populares'. E é que Feijóo, que foi durante 14 anos presidente da Xunta, decidiu levar a Von der Leyen á súa terra.
Esta foto de ambos producirase tan só dous días despois de que o Pleno do Congreso dese luz verde de forma definitiva á lei de amnistía, levantando así o veto do Senado. A norma envíase agora ao Boletín Oficial do Estado (BOE) para a súa publicación e entrada en vigor tras unha votación que saíu adiante pola mínima, dado que se necesitaban 176 votos e sumáronse 177. Ademais, a dirixente manterá tamén un encontro previo con Alfonso Rueda.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.