Comeza a campaña do polbo tras un parón de tres meses

A extracción de polbo atópase actualmente nun período de veda en Galicia e estivo precedida dun mes de parada temporal durante o mes de abril.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/06/2025 | Actualizada ás 19:31

Comparte esta noticia

A Consellería do Mar informou de que o vindeiro martes, día 1 de xullo, arrinca a campaña do polbo tras un parón de tres meses --un por parada biolóxica e dous por veda--. O inicio da campaña motivou unha reunión que tivo lugar este venres na que realizaron un seguimento do plan experimental para a xestión do polbo e que foi aprobado a finais de marzo.

O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Cándido Rial, repasou xunto cos representantes da Federación Galega e as federacións provinciais de Confrarías a estratexia realizada. A extracción de polbo atópase actualmente nun período de veda en Galicia e estivo precedida dun mes de parada temporal durante o mes de abril. A Xunta sinala que, en función da evolución da campaña, as cotas máximas diarias de captura e desembarco poderán ser substituidas por topes semanais.

Polbo / CSIC - Arquivo / Europa Press
Polbo / CSIC - Arquivo / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta