José Manuel Barreiro di que a situación está normalizada no PP de Monforte tras renunciar o candidato ás municipais

A que ía de dúas Katherine Varela asumirá a candidatura, sendo xa a cuarta despois de que se apartase á parlamentaria Julia Rodríguez.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/04/2019 | Actualizada ás 16:46

Comparte esta noticia

O senador e expresidente do PP de Lugo, José Manuel Barreiro, afirmou este martes que a situación se normalizou "" en Monforte, tras a renuncia do candidato á Alcaldía deste municipio, Miguel González Lemos. A dirección provincial tivo que designar nova candidata, tras o plantón de Lemos a pasada semana que comunicou a través dun escrito e emprazaba precisamente á dirección do PP de Lugo que tomase a decisión sobre o liderado da formación en Monforte.

A que ía de dúas Katherine Varela asumirá a candidatura, sendo xa a cuarta despois de que se apartase á parlamentaria Julia Rodríguez, que tamén declinou encabezar a lista do empresario Roberto Eireos --que é concelleiro en Pantón-- e agora tras a saída do médico Miguel González.

"En Monforte a situación normalizouse totalmente, hai unha cabeza de lista que ía de número dous e, ata onde se, está confeccionada a lista", explicou Barreiro. "É verdade que houbo un certo debate interno nos últimos días, no último mes, como ocorre en todos os partidos e iso resolveuse e o importante é que Monforte necesita un cambio a nivel local e a única forza política que pode liderar ese cambio é o PP", abundou. O portavoz adxunto dos populares no Senado, que volve ir na lista por Lugo á Cámara Alta, non dubida de que o seu partido "vai gañar as eleccións en Monforte".

"O importante agora é que o señor Tomei, (o socialista José Tomei alcalde) que constituíu un pesadelo para os monfortinos, salga de aí canto antes. Eu non teño ningunha dúbida que a partir das eleccións en maio iso vai suceder. Non só imos gañar as municipais en Monforte, senón que imos contribuír, desde Monforte, cun magnifico resultado a gañar as eleccións xerais en Lugo", estimou.

"CERTO DEBATE INTERNO"

Así mesmo, Barreiro insistiu en que a situación se "normalizou totalmente" en Monforte. "O importantes é que os partidos políticos nos dediquemos a traballar para resolver os problemas da xente e que os nosos posibles problemas, que obviamente sempre pode habelos, que non sexan ningún tipo de impedimento para que se faga o que realmente nos interesa", sentenciou.

"Esta situación de Monforte non a cualificaría de excepcional, senón simplemente que houbo un certo debate interno, que se resolveu dentro das canles normais que o partido ten e fíxose con absoluta normalidade", concluíu.

LUGO (Barreiro Monforte)
LUGO (Barreiro Monforte) | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta