Rueda participa nos actos do 12 de outubro e reivindica o papel de Galicia nunha España "plural e cohesionada"

"Un día para recoñecer ás nosas Forzas Armadas e reivindicar o papel de Galicia nunha España plural e cohesionada", apuntou o máximo mandatario galego.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/10/2025 | Actualizada ás 18:50

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou este domingo en Madrid nos actos para conmemorar o Día da Hispanidade, primeiro no tradicional desfile militar e posteriormente na recepción que ofrecen os Reis no Palacio Real. Así, nunha mensaxe publicada no seu perfil oficial da rede social 'X', o presidente autonómico remarcou que é un día para celebrar "todo o que nos une como país: a historia, a diversidade e o orgullo de formar parte de España".

"Un día para recoñecer ás nosas Forzas Armadas e reivindicar o papel de Galicia nunha España plural e cohesionada", apuntou o máximo mandatario galego. O acto, no que este ano participaron case 4.000 membros das Forzas Armadas, comezou ás 11.00 horas deste domingo coa chegada dos Reis, a princesa Leonor e a infanta Sofía. Ao finalizar, Felipe VI, Letizia, a princesa Leonor e a infanta Sofía e o resto de autoridades trasladaron á tradicional recepción ofrecida no Palacio Real.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, nos actos con motivo da Festa Nacional
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, nos actos con motivo da Festa Nacional | Fonte: XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta