Lores segue o exemplo de Noriega e pide que se investiguen as baixas de varios policías locais en Pontevedra

Reclama do Sergas que verifique as 30 baixas simultáneas rexistradas na Policía Local.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/04/2019 | Actualizada ás 17:38

Comparte esta noticia

Un total de 30 axentes do persoal da Policía Local de Pontevedra atópanse de baixa médica, unha circunstancia que ao Concello parécelle "sospeitosa", motivo polo que se dirixiu ao Sergas para que verifique a existencia de todos estes informes de baixa presentados de maneira simultánea nun persoal dun centenar de efectivos.

A concelleira de Seguridade Cidadá, Carme da Silva, sinalou que cre que "estas baixas non están en absoluto xustificadas porque se non é cuestión de facer un estudo de como é posible que haxa esta epidemia". Esta iniciativa coincide tamén coa investigación interna iniciada polo rexedor de Compostela, Martiño Noriega, contra un axente local que acabou sendo detido por presuntos delitos de suborno.

Esta diminución, en case un terzo dos axentes da Policía Local, coincide coa celebración en Pontevedra dos mundiais de tríatlon e as eleccións xerais. A Policía Local mantén un conflito laboral reclamando melloras salariais desde case o inicio do mandato do BNG.

A subdelegada do Goberno, Maica Larriba, recoñeceu que o "problema" polo que atravesa a Policía Local obrigou a reforzar o dispositivo de Policía Nacional e Garda Civil para que a xornada electoral do domingo transcorra con normalidade. Carme da Silva explicou que "desde o Concello con respecto a esta baixa, por chamarlle algo, absolutamente masiva, van adoptarse as medidas necesarias".

RESPONSABILIDADE

Ademais, a edil nacionalista referiuse a a "responsabilidade" das persoas que traballan na Administración "que non traballan para os gobernos; nin para o municipal, nin para a Xunta, nin para o Estado. Traballan para a cidadanía".

A concelleira de Seguridade Cidadá lembrou que "son funcionarios públicos e teñen o deber de facer o seu traballo coa maior profesionalidade". Finalmente Da Silva recoñeceu a profesionalidade daqueles funcionarios municipais "que cumpren escrupulosamente e moito máis alá co seu traballo" e lamentou que haxa empregados públicos "que prefiren facer outras cousas antes de cumprir co traballo co que os impostos de todas as persoas pagan o seu salario".

Miguel Fernández Lores. EUROPA PRESS - Archivo
Miguel Fernández Lores. EUROPA PRESS - Archivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Lalo

Cando os que somos de esquerdas e creemos no público, non lle metamos a competencia a moitos funcionarios cos servicios privados-concertados, non funcionara o público. Debería que haber comisións paritarias de valoración cada 5 anos para ver si moitos servidores do público merecen seguir no seu posto de traballo.