O persoal con contrato predoutoral ten dereito a cobrar indemnización por fin de contrato

Trátase da primeira sentenza que recoñece este dereito en todo o Estado.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/04/2019 | Actualizada ás 20:03

Comparte esta noticia

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) emitiu unha sentenza na que recoñece que o persoal con contrato predoutoral ten dereito a cobrar unha indemnización por cesamento ou finalización de 12 días por ano de servizo. Diso informa CC.OO., sindicato que presentou unha demanda contra a Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a centrais UGT e CIG. Trátase da primeira sentenza que recoñece este dereito en todo o Estado, destaca Comisións.

Así, na demanda solicitaba que os contratados predoutorais que accedesen mediante a orde de agosto de 2013 da Consellería de Educación tivesen dereito a unha indemnización equivalente ao do despedimento colectivo, é dicir, 20 días de salario por ano de servizo cun máximo de doce mensualidades ou, de maneira subsidiaria, de dez, once ou 12 días por ano de servizo. No marco do proceso, a sala acordou formular unha cuestión prejudicial ante o Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TJUE) para "aclarar se a normativa aplicada podía constituír unha discriminación entre o persoal temporal e o indefinido".

"Foi tras a resolución por auto do TJUE cando o TXSG estimou parcialmente a demanda dos servizos xurídicos do CC.OO. e sentenciou que o persoal incluído neste conflito ten dereito a percibir ao termo do contrato a indemnización fixada no artigo 49.1 c) do Estatuto dos Traballadores", destaca Comisións. O sindicato apunta que o tribunal condena á USC a abonar esta contía de cada cesamento. Contra a sentenza cabe recurso de casación ante o Tribunal Supremo.

Sede TSXG. Europa Press - Archivo
Sede TSXG. Europa Press - Archivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta