Goretti Sanmartín: "O BNG está nunha época de remontada e é alternativa en Santiago"

Destaca que en Compostela foi onde mellor porcentaxe de apoio houbo do BNG cun 9% dos votos. Con todo, foi a quinta forza despois do PSOE, PP, Unidas Podemos e Ciudadanos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/04/2019 | Actualizada ás 10:59

Comparte esta noticia

A candidata do BNG á Alcaldía de Compostela, Goretti Sanmartín, apelou este luns a que o Bloque está "nunha época de remontada, de esperanza e de enerxía para o BNG", á vez que reivindicou que "ten equipo e capacidade demostrada para liderar unha alternativa en Santiago".

Sanmartín realizou unha valoración dos resultados electorais do 28 de abril para "agradecer a todas as persoas que optaron por coller a papeleta do BNG nestas eleccións xerais". "Por confiar en nós, na nosa alternativa", apostilou.

Tamén trasladou unha "mensaxe de optimismo e moitísima confianza de cara ás próximas eleccións municipais" do 26 de maio porque "neste caso Santiago foi a cidade do conxunto do país con mellor porcentaxe, próxima ao 9% de voto ao BNG". "Duplicamos os votos recibidos nas anteriores eleccións xerais de 2016", engadiu.

"Como é habitual que o BNG reciba máis apoio nunhas municipais que nunhas xerais, pensamos que imos incrementar este apoio e imos traballar a partir de hoxe mesmo xa nesa mensaxe de comunicar as nosas propostas, de falar con todo o asociacionismo para que a xente vexa que estamos nunha época de remontada, de esperanza, de enerxía para o BNG", subliñou.

Por iso, Sanmartín asegurou que o BNG "ten equipo e capacidade demostrada para liderar unha alternativa en Santiago de Compostela". "Imos a partir de agora a facer un traballo moi intensivo de face a conseguir os mellores resultados nas eleccións do 26 de maio de 2019", concluíu.

Ana Pontón e Goretti Sanmartín
Ana Pontón e Goretti Sanmartín | Fonte: EP

RESULTADOS

En Santiago, os socialistas foron a forza máis votada, con nove puntos máis de apoios respecto das eleccións de 2016, mentres que os populares perden 14 puntos.

En Común-Unidas Podemos logrou este domingo o 14,69% das papeletas nesta cidade gobernada pola marea de Compostela Aberta, mentres que Ciudadanos queda co 12,81% dos apoios e o BNG co 8,77%. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

1 Ana Lg

A mesma estratexia de Casado co PP: agora q estou arriba no partido non vou deixar o cargo mentres poida chupar aínda que se funda todo.