Morre o menor que caeu do tellado dunha fábrica abandonada en Maside

O menor rescatado este domingo tras caer dende un tellado faleceu na mañá deste luns no Complexo Hospitalario de Ourense.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 29/04/2019 | Actualizada ás 14:26

Comparte esta noticia

O menor evacuado na tarde deste domingo en helicóptero medicalizado ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense despois de caer desde o tellado dunha fábrica industrial abandonada en Maside ao interior da nave faleceu no hospital.

Así o confirmaron a Europa Press fontes municipais, que indicaron que na mañá deste luns tiveron constancia de que o mozo morreu no hospital. Os feitos sucederon no lugar de Listanco, en Armeses, ao redor das 17,10 horas deste domingo. Foi un dos mozos do grupo co que estaba o mozo o que alertou ao 112 do sucedido.

O persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia puxo a situación en coñecemento do 061, que mobilizou ata o lugar un helicóptero medicalizado. Ademais, por parte do 112 Galicia tamén se solicitou a intervención dos axentes da Garda Civil e dos Bombeiros do Carballiño, que colaboraron na evacuación do ferido ata o helicóptero.

Ambulancia do 061. 061-GALICIA - Arquivo
Ambulancia do 061. 061-GALICIA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 anonimo

E xa van dous. Outro xove morrera haui uns anos na fábrica de Roman en Pobra do Caraminal, ao caer dunha fábria abandoada