Pablo Casado responde as peticións e achégase máis a Feijóo coa súa asistencia á romaría do PP no Pino

O presidente do PP, Pablo Casado, ten previsto asistir este sábado á romaría que organiza o partido no municipio do Pino (A Coruña), e á que tamén acudirá o presidente do PP de Galicia, Alberto Núñez Feijóo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/05/2019 | Actualizada ás 21:06

Comparte esta noticia

Un pequeno xesto para tentar calmar a tempestade. O presidente do PP, Pablo Casado, ten previsto asistir este sábado á romaría que organiza o partido no municipio do Pino (A Coruña), e á que tamén acudirá o presidente do PP de Galicia, Alberto Núñez Feijóo. 

Pablo Casado estará en Vigo a próxima fin de semana nun acto non que repartirá carnés a 500 novos afiliados do PP. EUROPA PRESS - Arquivo
Pablo Casado estará en Vigo a próxima fin de semana nun acto non que repartirá carnés a 500 novos afiliados do PP. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Nos últimos días, trala hecatombe electoral do Partido Popular nas eleccións xerais, moitas voces pediron a Casado deixar o discurso alarmista e populisa da extrema dereita para competir con Vox, e librarse da influencia do ex-presidente español José María Aznar e da súa fundación ultraconservadora FAES, para ofrecer un discurso máis moderado, acorde co que, din, practica Feijóo, ao que algúns volven pedir que dea o paso adiante e substitúa a Casado para liderar unha reforma ideolóxica no partido.

Despois de que o presidente da Xunta dixese este xoves que esperaba ver ao líder da súa formación este sábado, fontes do partido confirmaron que é posible que Casado acuda ao evento.

Esta será a primeira vez que os dous líderes populares se atopen cara a cara tras a histórica caída producida nas eleccións xerais do pasado domingo, nas que o PP perdeu máis da metade dos seus escanos no Congreso e a maioría absoluta do Senado.

Tras estes resultados, 'Xénova' acolleu este mesmo martes unha reunión do seu Comité Executivo á que Feijóo non puido asistir por ter sesión de control ao seu Goberno no Parlamento de Galicia. No entanto, o presidente do PP galego admitiu que puido falar con Casado durante "bastante tempo".

Feijóo, quen tachou de "malos sen paliativos" os resultados obtidos na xornada electoral, non entrou a cuestionar o liderado de Casado pero si apuntou que o partido cometeu un "erro" de "posicionamento político" que, ademais, fixo que o PSOE fose a forza máis votada en Galicia por primeira vez.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta