Investigado o condutor da motocicleta do accidente en Catoira no que faleceu o seu acompañante

O conductor triplicaba a taxa de alcol permitida.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/05/2019 | Actualizada ás 11:29

Comparte esta noticia

O Equipo de Atestados do Subsector de Tráfico da Garda Civil de Pontevedra investiga penalmente por un suposto delito de homicidio por imprudencia grave ao condutor da motocicleta que sufriu un accidente no que faleceu o seu acompañante o pasado 21 de abril.

Segundo informou o Instituto Armado, o sinistro produciuse o pasado 21 de abril no quilómetro 6,2 da estrada PO-548, no municipio de Catoira, como consecuencia dunha saída de vía da motocicleta que pilotaba un veciño de Pontecesures de 48 anos. No accidente faleceu o seu acompañante, de 52 anos de idade e nacionalidade venezolana.

Analizadas as circunstancias nas que se produciu o accidente e tendo en conta que o condutor arroxou unha taxa de alcol de 0,63 e 0,6 mg/l, que case triplica o máximo legal establecido, a Garda Civil notificoulle o pasado luns ao condutor a súa condición de investigado como presunto autor dun delito de homicidio por imprudencia. Ao mesmo tempo, tamén se lle interveu preventivamente o seu permiso de conducir.

As dilixencias instruídas entregáronse no Xulgado de Instrución número 2 de Vilagarcía de Arousa, onde deberá comparecer o condutor da motocicleta cando sexa citado.

RECOMENDACIÓNS

O Subsector de Tráfico da Garda Civil advirte de que "o alcol, aínda en doses baixas, altera substancialmente a percepción do risco, da velocidade e das distancias, provocando unha falsa seguridade no condutor". "Por encima do límite legal, multiplica por cen o risco de accidente", avisa.

Así, lembra que a alcoholemia máxima permitida para os condutores é 0,5 gramos por litro de sangue (0,25 mgr /l en aire). "Superar a mesma carrexa graves consecuencias, ao estar severamente castigada, dita conduta. A taxa segura e recomendable é 0,0", conclúe o Instituto Armado.

Investigado o condutor da motocicleta do accidente en Catoira (Pontevedra) no que faleceu o seu acompañante. GARDA CIVIL
Investigado o condutor da motocicleta do accidente en Catoira (Pontevedra) no que faleceu o seu acompañante. GARDA CIVIL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta