Millonarios en Bergondo e Oleiros grazas aos cupóns da ONCE de Benedicto

O cupón do ONCE do sábado repartiu máis de 1,7 millóns de euros en Bergondo e Oleiros (A Coruña).

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 06/05/2019 | Actualizada ás 12:47

Comparte esta noticia

O Cupón de Fin de Semana da ONCE repartiu nos concellos coruñeses de Bergondo e Oleiros máis de 1.780.000 euros en 15 cupóns premiados.

Segundo informou a ONCE, un dos boletos foi premiado con 300.000 euros ao instante máis un soldo de 60.000 euros ao ano (5.000 euros ao mes) durante 20 anos consecutivos, no sorteo do sábado 4 de maio.

O vendedor de produtos de xogo da ONCE Benedicto Paz Viñas "é quen levou a ilusión aos seus clientes na súa ruta habitual de venda", concretaron as mesmas fontes, nas parroquias de Gandarío e Fiobre, do concello de Bergondo, e en Perillo, en Oleiros, ás portas do Lidl de Iñás.

Benedicto Paz, veciño de Sada, ten unha discapacidade física e vende cupóns da ONCE desde fai catro anos, os dous últimos nesta ruta de Bergondo, Guísamo e Perillo.

"Sabe que algúns dos cupóns premiados deixounos nunha panadaría de Gandarío e noutra de Fiobre e algún o vendeu en Perillo, pero descoñece quen é a persoa que se levou o premio de millón e medio de euros", indicou a ONCE.

O cupón do ONCE do sábado repartiu máis de 1,7 millóns de euros en Bergondo e Oleiros (A Coruña). ONCE
O cupón do ONCE do sábado repartiu máis de 1,7 millóns de euros en Bergondo e Oleiros (A Coruña). ONCE | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta