Morre un insigne do galeguismo; Isaac Díaz Pardo

Aos 91 anos e cunha obra intelectual enorme morreu este xoves o pintor e ceramista Isaac Díaz Pardo. Unha figura clave para entender a supervivencia da cultura galega no franquismo.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 05/01/2012 | Actualizada ás 10:40

Comparte esta noticia

Isaac Díaz Pardo faleceu a primeira hora desta mañán en Santiago de Compostela, logo de semanas cun delicado estado de saúde. A súa última aportación ao mundo da cultura e da política foi unha carta que remitiu ao homenaxe de Xosé Manuel Beiras na que lamentaba non poder estar nese acto celebrado o pasado 17 de decembro.

None

 

Isaac Díaz Pardo naceu o 22 de agosto en Compostela en 1920 e foi fillo doutro histórico do galeguismo Camilo Díaz Valiño, asasinado durante a Guerra Civil. Froito destas actividades coñeceu a Castelao; Cabanillas, Ramón e Antón Vilar Ponche, e Vicente Risco. Participou desde 1936 activamente na campaña a favor do Estatuto de Autonomía. 

 

Despois da guerra, cursou estudos na Escola de Belas Artes de San Fernando. A partir de aí, comezou a súa participación pública en diversas como en 1941 participou na primeira experiencia española sobre deseño industrial, e en 1942 unha viaxe de estudos en Italia. Pasou logo a ter unha praza de profesor na Escola Superior de Belas Artes de San Jordi de Barcelona e comezou as exposicións en España e no estranxeiro (Europa e América).

 

Abandonou despois as artes plásticas, pasando á cerámica e fundando con outros socios a fábrica de Cerámicas do Castro no Castro de Samoedo (Sada), o que repite na Arxentina, onde construíu xunto con outros destacados galeguistas o Laboratorio de Formas, precursor doutras actividades de desenvolvemento como as levadas a cabo na Cerámica de Sargadelos, o Museo Carlos Maside, a editorial Edicións do Castro ou o Seminario de Estudos Galegos. Precisamente,  nos últimos anos enemistouse cos seus fillos polo futuro de Cerámicas Sargadelos.

 

Ao longo da súa vida recibiu numerosos premios; a Medalla de Ouro e Fillo Predilecto da cidade de Santiago de Compostela (1988), Premio Otero Pedrayo das Deputacións Provinciais (1990), Insignia de Ouro (1991) e Doutor Honoris Causa (1992) pola Universidade de Santiago de Compostela, Premio Trasalba da Fundación Otero Pedrayo (1993), Vieira de Prata do Padroado da Cultura Galega de Montevideo (1995) e en 2009 a Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes de España, entre outras.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 33 comentarios

9 Andamolho

Não choreis por el, lutade come el fixo pela liberdade e dignidade do povo galego!!!

8 Xaquín

Un galego egrexio, comprometido coa súa terra lonxe de sectarismos. Un intelectual visionario, bo e xenerroso, que comprendeu a importancia da Cidade da Cultura, na que está o seu principal legado.

7 sadense

Morre un gran home, exemplo de humildade e de compromiso real con Galicia e sen esperar nada a cambio

6 Nilo

Un galego que ficara na nosa memoria polos seus enormes méritos.

5 galdo-fonte

O meu pesar polo falecemento deste home que cos seus actos e os seus feitos déixanos a herdanza dun humanista que durante a súa vida acendeu a condición xenuína de Galicia.

1 ferrete

Galdo: Tamén ti cos teus actos e cos teus feitos nos deixaches unha herdanza que nos levou a estar fóra do Goberno Municipal en Fene. Estás totalmente desautorizado para falar de D. Isaac Díaz Pardo. O seu nome non debe ser pronunciado por piltrafas coma tí