Morre un insigne do galeguismo; Isaac Díaz Pardo

Aos 91 anos e cunha obra intelectual enorme morreu este xoves o pintor e ceramista Isaac Díaz Pardo. Unha figura clave para entender a supervivencia da cultura galega no franquismo.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 05/01/2012 | Actualizada ás 10:40

Comparte esta noticia

Isaac Díaz Pardo faleceu a primeira hora desta mañán en Santiago de Compostela, logo de semanas cun delicado estado de saúde. A súa última aportación ao mundo da cultura e da política foi unha carta que remitiu ao homenaxe de Xosé Manuel Beiras na que lamentaba non poder estar nese acto celebrado o pasado 17 de decembro.

None

 

Isaac Díaz Pardo naceu o 22 de agosto en Compostela en 1920 e foi fillo doutro histórico do galeguismo Camilo Díaz Valiño, asasinado durante a Guerra Civil. Froito destas actividades coñeceu a Castelao; Cabanillas, Ramón e Antón Vilar Ponche, e Vicente Risco. Participou desde 1936 activamente na campaña a favor do Estatuto de Autonomía. 

 

Despois da guerra, cursou estudos na Escola de Belas Artes de San Fernando. A partir de aí, comezou a súa participación pública en diversas como en 1941 participou na primeira experiencia española sobre deseño industrial, e en 1942 unha viaxe de estudos en Italia. Pasou logo a ter unha praza de profesor na Escola Superior de Belas Artes de San Jordi de Barcelona e comezou as exposicións en España e no estranxeiro (Europa e América).

 

Abandonou despois as artes plásticas, pasando á cerámica e fundando con outros socios a fábrica de Cerámicas do Castro no Castro de Samoedo (Sada), o que repite na Arxentina, onde construíu xunto con outros destacados galeguistas o Laboratorio de Formas, precursor doutras actividades de desenvolvemento como as levadas a cabo na Cerámica de Sargadelos, o Museo Carlos Maside, a editorial Edicións do Castro ou o Seminario de Estudos Galegos. Precisamente,  nos últimos anos enemistouse cos seus fillos polo futuro de Cerámicas Sargadelos.

 

Ao longo da súa vida recibiu numerosos premios; a Medalla de Ouro e Fillo Predilecto da cidade de Santiago de Compostela (1988), Premio Otero Pedrayo das Deputacións Provinciais (1990), Insignia de Ouro (1991) e Doutor Honoris Causa (1992) pola Universidade de Santiago de Compostela, Premio Trasalba da Fundación Otero Pedrayo (1993), Vieira de Prata do Padroado da Cultura Galega de Montevideo (1995) e en 2009 a Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes de España, entre outras.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 33 comentarios

4 Santi

E agora virán os da Xunta a lembrar o boíño que era pero non dirán que o tiveron marxinado durante estes tres anos de Feijooismo

1 o pindo

Non estivo mellor tratado no Bigoberno

2 MESTRIÑO

Sinto discrepar, o bipartito entregoulle a medalla de Galicia e o de ZP a Medalla de Ouro ao Mérito das Belas Artes, nesa lexislatura tamén fixo a vidrieira que hoxe coroa o Parlamento de Galicia. Dicir que non se recoñeceu neses anos é unha mentira, e de seguro que él así o diría...outra cousa son as Iolandas Castaño do carallo.

3 un galego

Unha pena o deste gran home xusto e xeneroso como poucos. Agardo que o seu traballo non sexa en balde

2 Santiago

O meu respecto e admiración por este home traballador, comprometido coa súa pátria, e testemuña e víctima de tempos moi escuros e inxustos. Moitas xeracións han sacar beneficio do seu traballo, compromiso e dignidade. Descanse en paz.

1 cuspedriños darriba

Ninguén é insigne do galeguismo ata que o autoriza Paco Zarzuelas

1 FpVN

Mira, a min a U non me gusta por sectaria. Pero os que entrades en todos as noticias a enmerdalos aínda me gustades menos. Que cona ten que ver Francisco Rodríguez coa morte de Díaz Pardo? Joder, un pouco de respeto e sentido común.

2 Pepe Lago

Dacordo con FpVN.

3 Gustavo

Un pouco de educación e respeto no momento do pasamento deste gran home, deixade por un día os chascarrillos e querelas do día a día, home.