Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/05/2019 | Actualizada ás 11:47
Un incendio nun edificio da rúa Juan Flórez da Coruña obrigou a trasladar a unha persoa ao complexo hospitalario universitario da cidade (o CHUAC).
O suceso alarmou aos veciños polo fume acumulado nas escaleiras, segundo informa o 112. Os bombeiros da Coruña confinaron ás persoas nas súas casas ata a extinción do lume.
De acordo coa información que manexa o servizo de emerxencias da comunidade galega, o incendio iniciouse no ascensor.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.