A RTVE premia a unha estudante da USC por unha investigación do mundo audiovisual

Beatriz Gutiérrez recibiu o premio polo seu traballo “Xornalismo inmersivo en Europa: usabilidade das aplicacións e proposta de mellora”.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 12/05/2019 | Actualizada ás 20:00

Comparte esta noticia

A RTVE premiou a Beatriz Gutiérrez Caneda, estudante do Máster de Xornalismo e Comunicación da Facultade de Ciencias da Comunicación na USC, na I Convocatoria de Impulsa Visión RTVE de Axudas á Investigación. Esta iniciativa está destinada a recoñecer aos alumnos que, desenvolvendo os seus estudos oficiais de Máster en Universidades españolas, realicen o seu traballo final sobre un tema proposto pola Corporación de interese para o sector audiovisual e a comunidade científica.

Ademais, RTVE quere recoñecer o extraordinario labor dos departamentos universitarios e dos docentes que dirixen os Traballos de Fin de Master, que para a maioría dos alumnos constitúen o primeiro gran traballo de investigación das súas carreiras profesionais. No caso da I Convocatoria para o curso 2018/2019, os traballos centráronse na “Experiencia de Usuario na Contorna Broadcast”.

Beatriz Gutiérrez, que realiza prácticas no Galicia Confidencial, obtivo o premio na categoría de "Sistemas, modelos ou servizos para a medición, mellora ou análise da calidade do servizo” polo seu traballo “Xornalismo inmersivo en Europa: usabilidade das aplicacións e proposta de mellora”.

Ademais dela, resultaron eliexidas outras dúas estudantes máis, Nathalie Alejandra Rodríguez Egas, da Universidade Complutense de Madrid, polo seu traballo “Estratexia para o futuro de plataformas OTT” e  Ana María Silva Ortíz, da Universidade Europea de Madrid, polo seu traballo “Deseño de boletín audiovisual interactivo para mellorar a experiencia do usuario móbil de acordo aos novos hábitos de consumo”.

Entrega de premios da RTVE, entre eles, un para a estudante da USC Beatriz Gutiérrez
Entrega de premios da RTVE, entre eles, un para a estudante da USC Beatriz Gutiérrez

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta