Os profesionais da TVG alertan do deterioro de O Tempo

A cadea botou aos científicos especialistas de Meteogalicia despois de que estes traballadores pediran nos xulgados que a Xustiza recoñecese a súa relación laboral coa emisora pública.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 13/01/2012 | Actualizada ás 14:29

Comparte esta noticia

O  31 de decembro a Televisión de Galicia estableceu unhas novas condicións para o convenio que desde hai anos mantiña este medio de comunicación con Meteogalicia para a información do tempo. O convenio, agora modificado, establecía o asesoramento técnico para a elaboración dos espazos meteorolóxicos da cadea que se encargaban de supervisar e presentar científicos especialistas nese campo procedentes de Meteogalicia e que a TVG formou como comunicadores. De feito, durante anos a canle autonómica galega foi unha canteira de meteorólogos especializados en información televisiva da que se nutriron outros medios públicos para ofrecer a súa información meteorolóxica.

Con todo, dende o 1 de xaneiro os espazos do tempo están supervisados e presentados por redactores do cadro de persoal da TVG e non por meteorólogos, ao contrario do que acontece nos restantes medios de comunicación audiovisual. Algúns deles teñen pouca experiencia diante das cámaras nun plató, tarefa na que só se gaña soltura pasando horas diante do obxectivo.

O Comité de Empresa da Televisión de Galicia manifesta "todo o seu respecto a estes xornalistas, pero considera que prescindir dos físicos especialistas representa unha grave perda de rigor e calidade da información meteorolóxica, un servizo fundamental para un país cun importante sector primario tanto marítimo como agrario".

Para os representantes sindicais o novo convenio, que podería terse reducido dos 120 mil euros anuais ata os 60 mil, non representa ningún aforro económico, xa que a TVG debe asumir os custos laborais dos novos presentadores cando antes era Meteogalicia quen se facía cargo do salario dos meteorólogos.

None

Para o Comité resulta sospeitoso que a cadea tomase esta decisión "pouco despois de que os tres físicos e presentadores dos que agora se prescinde interpuxesen nos tribunais do social demandas de recoñecemento de dereitos que afectan á CRTVG".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 13 comentarios

4 galegoexiliado

¿Ou como é?¿Miñas donas e cabaleiros, pa que quere metrolojos a telejaita?¿A quén lle importa o tempo que vai facer pa ir ao mar ou pa plantar na leira?. O que fai falta son mais Jraiosos, Cornechos, Jardebullos, Tourimans... e moitas galegadas adobadas con moito flamenco e españoladas, e misas, moitas misas, cosas serias que interesan a la inmensa maioría de los jallegos, o más. E ahora que don Mariano autorizou a privatización das teles do PPartido pois eche o que nos agarda.

3 Black Crow

Que pongan a alguna que esté bien buena, total si todos miramos el tiempo en interné ... aaahhhhhhh ... perdón, me olvidaba que los nacionalistas sois seres asexuados y no os gustan estas bromas.

1 Villano

Diosss, q gracioso. Eres el sucesor de Arévalo o te consideras q creas tu propio estilo de sentido de humor?

2 Antón

Comentario machista sexista dun filo fascista. Se forá coma ti, diriate que millor poñan a Soraya Sainz de Santamaria e as suas sonadas cualidades, porque non sei se o sabes pero Sorayita e ben coñecida nos circos de poder pepeiros polas suas cualidades en porse de xeonllos e practicar liposubcións, a soada meritocracia pepeira que fai dun langrán sen estudos e categoria funcionarial D como o fachas Fernandez de Mesa director xeral da G. C. pero coma non son coma ti, abstendreime de decilo. Mais ben os deteriodos dos tempos diría eu.

2 xOsse

cousas do cambio climático

1 tamaraou

tampouco fai falta ser "profesional" pra darse conta...