VÍDEO | O agradecemento das enfermeiras eventuais en loita á sociedade galega

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 14/05/2019 | Actualizada ás 13:20

Comparte esta noticia

Foron centos as mensaxes de apoio que recibiron nas pasadas semanas as enfermeiras eventuais que loitan por dignificar o seu traballo e cuxa protesta este pasado domingo, nas oposicións do Sergas, vestidas de loito, percorreu as redes sociais coma unha bola de neve.

Enfermeiras Eventuais en Loita.
Enfermeiras Eventuais en Loita.

"Faltaba que a enfermaría crera en si mesma e en Galicia damos o primeiro paso para que non só a profesión, senón a sociedade, descubra a enfermaría e que empece a coidar dos que coidan. Aínda temos bágoas nos ollos", expresaron este martes, como agradecemento a tantas mostras de agarimo, apoio e empatía. Por iso, realizaron este vídeo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta