Trasladada a un centro médico unha persoa que sufriu varias picaduras de insecto en Viana do Bolo

Unha persoa precisou asistencia sanitaria na tarde deste mércores no municipio ourensán de Viana do Bolo tras sufrir varias picaduras dun insecto, posiblemente unha abella, informa o 112.

Por E.P. | OURENSE | 15/05/2019 | Actualizada ás 19:48

Comparte esta noticia

Unha persoa precisou asistencia sanitaria na tarde deste mércores no municipio ourensán de Viana do Bolo tras sufrir varias picaduras dun insecto, posiblemente unha abella, informa o 112. En concreto, os feitos ocorreron pouco antes das 18,30 horas deste mércores no lugar de Penouta, na parroquia de San Bartolomeu.

Ata a zona foi inicialmente desprazado o helicóptero sanitario do 061 con base en Ourense, aínda que, finalmente, o home foi trasladado en ambulancia a un centro hospitalario. Ademais, neste operativo participaron, tras ser alertados polo 112 Galicia, os membros do GES da Gudiña, axentes da Policía Local e Protección Civil da localidade. Así mesmo, solicitouse a colaboración da Garda Civil.

Unha persoa é trasladada ao hospital tras ser picada por un insecto
Unha persoa é trasladada ao hospital tras ser picada por un insecto | Fonte: GC

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta