Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/05/2019 | Actualizada ás 11:00
Case 2.000 alumnos aprenden galego en 16 países estranxeiros, segundo o informe de Estratexia Galega de Acción Exterior Horizonte 2020 para a promoción do idioma, que analizou este xoves o Consello da Xunta.
En total, hai 3.500 alumnos que reciben clases de galego fóra da Comunidade en 35 universidades de 17 países. Entre eles, 1.500 fano en distintas zonas de España, especialmente no Bierzo e Sanabria.
A maior parte dos alumnos acode aos 35 centros de estudos galegos constituídos en diferentes universidades de países como Portugal, Italia, Alemaña, Brasil e Estados Unidos, entre outros. Ademais, a rede de lectorados que imparten materias de lingua, literatura e cultura galega esténdese a un total de 15 territorios.
No referentes a países iberoamericanos, uns 500 alumnos estudan a lingua galega en Arxentina e outros 300 en Venezuela. Tamén hai 75 en Londres, por un convenio co Instituto Español Cañada Blanch.
No marco estatal, destaca a colaboración de Galicia cos departamentos de política lingüística do País Vasco, Cataluña, Baleares, Navarra e Valencia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.