A APU ficha a Teresa Moure para a súa candidatura

A escritora é a única sorpresa das listas á Executiva do BNG presentadas este serán pola Alternativa pola Unidade e a alianza de Máis Galiza e Irmandiños. Listas completas no interior.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 23/01/2012 | Actualizada ás 19:41

Comparte esta noticia

Hoxe pechaba o prazo para inscribir as candidaturas á Executiva que se votarán na Asemblea do BNG esta fin de semana. Nas dúas listas con máis opcións non hai grandes sorpresas. Tanto UPG como a alianza de Máis Galiza e irmandiños apostan polos seus pesos pesados.

None

Así, a candidatura da Alternativa pola Unidade (APU) está encabezada por Guillerme Vázquez. A APU é a alianza de independentes máis a Unión do Povo Galego, o partido comunista máis numeroso na fronte e o máis poderoso na fronte dende hai lustros.

Francisco Rodríguez, líder do comité central da UPG, tamén está na lista. A única sorpresa é a presencia de Teresa Moure, profesora na facultade de Filoloxía da USC e escritora premiada en numerosas ocasións. Moure xa foi candidata do BNG ao senado este inverno e nos últimos meses é unha das caras visíbeis de Sermos Galiza, a iniciativa cidadá que lanzará un grupo de comunicación nos vindeiros meses.

A deputada Carme Adán, o deputado nas Cortes e candidato a cabeza de cartel á Xunta Francisco Jorquera, a secretaría de organización do BNG Montse Prado, o alcalde de Pontevedra Miguel Anxo Fernández Lores, a deputada no Hórreo Ana Belén Pontón, a voceira na Pobra do Caramiñal e responsábel de comunicación do BNG Rosana Pérez completan a candidatura da APU.

Na seguinte lista figuran o resto de candidatos ao Consello Nacional:

None


11 Mario Outeiro Iglesias, Lugo centro
12 Mª Tereixa Paz Franco, Ourense-O Carballiño
13 Alberte Ansede Estraviz, A Coruña
14 Iria Aboi Ferradás, O Morrazo
15 Xosé Ramón Ermida Meilán, A Mariña
16 Mª Isabel Serantes Gómez, Ferrolterra
17 Carlos Fernández Concheiro, Costa da Morte
18 Carme Dasilva Méndez, Pontevedra
19 Bieito Lobeira Domínguez, O Morrazo
20 Elvira Cienfuegos López, Compostela
21 Xoán Manuel Sande Muñiz, Bergantiños
22 Paz Abraira Sobrado, Lugo centro
23 Manuel Caride Correa, Vigo
24 Anabel Gulías Torreiro, A Estrada-Deza
25 Fernando Branco Parga, Ferrolterra
26 María Xosé Bravo Sanjosé, A Coruña
27 Xosé Manoel Fírvida Plaza, Ourense-O Carballiño
28 Isabel García Rodríguez, Monterrei
29 Xosé Manuel Méndez Díaz, Baixo Miño
30 Pilar Blanco López, O Morrazo
31 Pedro Pereira Fernández, O Condado
32 Ana Mª Vérez Gómez, Ferrolterra
33 Xosé Agapito Romeiro Barreiro, Muros-Noia
34 Cristina Ferreiro López, Lugo centro
35 Gonzalo Carlos López Pérez, Celanova-Baixa Limia
36 Raquel Jabares Fernández, A Coruña
37 Manuel Agra Villar, Valdeorras
38 Milagres Lantes Seara, Bergantiños
39 David Otero Domínguez, O Salnés
40 Manuela García Freire, A Montaña
41 Luciano Sobral Fernández, Pontevedra
42 Ana I. Paz Vilar, O Ribeiro
43 Xosé Antón Ledo Pan, Lugo sur
44 Mª Teresa Devesa Graña, Allariz-A Limia
45 Antonio Veiga Outeiro, A Mariña
46 Ánxela Franco Pouso, Muros-Noia
47 Ramón Noceda Caamaño, Costa da Morte
48 Marisa Vázquez Barquero, Emigración
49 Alfredo Suárez Canal, Ourense-O Carballiño
50 María Pilar García Negro, A Coruña

Suplentes

1 Manuel Luís Álvarez Angueira, Pontevedra
2 Cecilia Pérez Orxe, Vigo
3 Rubén Cela Díaz, Compostela
4 María do Mar Vila López, A Estrada-Deza
5 Xosé Manuel Carril Vázquez, A Coruña
6 Esther López Rodríguez, Lugo centro
7 Uxío Benítez Fernández, Baixo Miño
8 Branca Mª Rodríguez Ávila, Valdeorras
9 Henrique del Río Otero, A Coruña
10 Susana García Rodríguez, Ourense-O Carballiño
11 Héctor Méndez Abeledo, O Ribeiro
12 Rosa Abuín Rodríguez, O Salnés
13 Federico Xosé Gutiérrez Estoa, A Mariña
14 Cristina Andrade González, A Barbanza
15 Daniel Rodas Chapela, O Morrazo
16 Mª Ánxeles Sánchez Mancebo, Costa da Morte
17 A. Iván Ribas Rico, Ferrolterra
18 Iria Salvande Lorenzo, Vigo
19 Secundino García Casal, Ferrolterra
20 Mercedes Mourenza Fernández, Lugo centro
21 Xosé Manuel Millán Otero, O Morrazo
22 Mónica Velasco Pérez, O Condado
23 Xoán Carlos Domínguez Alberte, Celanova-Baixa Limia
24 Carolina Castiñeiras Brandón, Bergantiños
25 Armando Carril Casanova, A Montaña
26 Antía Neves Rodríguez, Lugo sur
27 Néstor Rego Candamil, Santiago
28 Alba María Feixóo López, Allariz-A Limia
29 Xavier Rodríguez Fernández Vigo
30 María do Mar López González, Ferrolterra
31 Xoán Branco Fernández, A Estrada-Deza
32 Marta Dacosta Alonso, Vigo
33 Xosé António Vázquez Cobas, A Barbanza
34 Ana Belén Ermida Igrexas, A Mariña
35 Henrique Viéitez Alonso, Vigo

Máis Galiza e irmandiños

Por parte de Máis Galiza, irmandiños e independentes presentaranse Carlos Aymerich (tamén candidato á cabeza de cartel á Xunta e líder de Máis Galicia), Sandra González, alcaldesa de Tomiño; Martiño Noriega, alcalde de Teo; Concha Trigo, a deputada Ana Luisa Bouza e Xoán Bascuas. Ao fronte de todos eles Xosé Manuel Beiras, líder dos irmandiños e ex-voceiro nacional da fronte.

Na lista ao Consello Nacional desta alianza non está Teresa Táboas, que si apoiou publicamente aos irmandiños, nin o ex-senador Xosé Manuel Pérez Bouza, próximo a Máis Galiza e que advertiu dunha posíbel ruptura do Bloque se non hai un cambio de rumbo na ruta que marca democraticamente a UPG. Si está nesta lista o histórico Camilo Nogueira e un representante do Partido Nacionalista Galego - Partido Galeguista, Luis Seara.

O Movemento Galego ao Socialismo tamén presentou lista, encabezada en principio por Rafa Villar, concelleiro en Santiago. GC ampliará nuns minutos a información sobre as candidaturas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 70 comentarios

18 vello esquerdista

Os franceses inventaron a expresión "passéistes", idealizadores do "passé": unha historia romántica e reinventada para darlle a súa rememoración un carácter bucólico e atractivo, ensoñador, tirándolle todos os seus aspectos negativos que o progreso foi eliminando e que se querían conscientemente esquecer. E llelo aplicaron aos rexionalistas provenzáis de Mistral, por exemplo. Aló na Francia estas tendencias "paseístas" sempre foron patrimonio da dereita reaccionaria e mesmo parafascista (Maurras, Pétain...) Acó no noso país curiosamente moitos que se din progresistas ou renovadores no fondo non son sinón reaccionarios bastante snobs. Aconsello ler o artigo que a señora Moure publicóu no Terra e Tempo sobre o Ave. Obra mestra do paseismo máis ilóxico e demagogo. Na Francia sería inmediatamente alcumada de pétainista (como o foi mesmo o delicioso filme "les enfants du marais"). Entre nós seique é a grande esperanza renovadora do Bng. En fin...

1 Lobo

Menos mal que non somos Francia, a este vello esquerdista esqueceselle que non somos mais que unha COLONIA de España, e de que padecemos explotacions diferentes, aconsellolle leer SEMPRE EN GALIZA, e menos "passismo", con todo agarimo de un vello nacionalista.

2 vello esquerdista

Xa lin no seu momento esa obra (que non biblia, eh!). Penso sinceramente que si na altura lle dixeran a Castelao que podíamos ter un tren que envexasen norteamericanos ou ingleses simplesmente fliparía. E que non se esqueza que a iniciativa para impulsar o Ave no estado veu da esquerda, non da dereita (e non me veña con que González era mais de dereita que Castelao, por favor). Saúdos cordiáis.

3 Lobo

A F. Gonzalez lle importaba un pito Galicia, como a esquerda española, fixo o ave a su terra por que lle carrexaba votos,e por certo ler un libro non siñifica entendelo e asimilalo, pero xa non pido tanto, releeo con agarimo, inda que nunca dixen que fose a biblia, pero da luz a moitas cuestions que inda siguen en tebras

4 sesenteiro

Lobo, non tes razón. Explotacións diferentes ? É moi diferente o caso da Bretaña, no estado galo, ao noso ? A UPG tomóu a definición da Galiza como colonia das ideas dun autor francés, Fanon, que elaborou a tese do colonialismo interior no estado republicano do hexágono. E o de adicarse a ler "S en G" desprezando o acervo cultural que ven de fora sona moito a Corea do Norde (ben chega co pensamento Kim il Jong...), ese estado tan eloxiado e defendido últimamente no upegallo Terra e Tempo.

5 vello esquerdista

Lobo, ben se ve que non és de esquerdas, pois a esquerda distínguese precisamente pola súa preocupación polo ser humano independentemente do pobo ao que pertenza. Dicir que á esquerda española lle importa un pito Galiza é proprio dunha mentalidade reaccionaria e chauvinista que pensa que todos son tan chauvinistas coma el. Unha esquerda española á que non lle importen un pito os galegos, ou calquera outros homes ou mulleres, desde os kazakos aos sardos, non é nin será nunca esquerda. Desde logo non entenderás nunca o que é o internacionalismo proletario.

6 Lobo

Vello esquerdista, tamen miro ben, que non eres nacionalista galego pode que sexas esquerdista español, pero remitome os feitos, que medidas tomou a "esquerda" española pola defensa do tecido productivo galego? e non digamos das reformas laborais o servicio do capital refrendadas unha e outra vez polos sindicatos de "clase" españoles, de que me falas ti de esquerdas? si a sua practica en Galicia foi a de manporreros da politicas neoliberias mais rancias, eu son nacionalista e de esquerdas e procuro ser solidario contodolos pobos e traballadores oprimidos do mundo, empezando polo galego que e a mellor forma de ser internacionalista. A sesenteiro non val a pena contestarlle, porque o pobre xa chochea.

7 vello esquerdista

Desde logo que non son nacionalista de ningún sitio, son internacionalista e acredito na autodeterminación das nacionalidades. O nacionalismo é burgués e sempre o foi (ou é que Castelao pertencía a algún partido obreiro? ). A práctica da esquerda en Galicia foi igual ao do resto do estado, e tomaron decisións que non estaban dacordo co que defendían por que non tiveron quizáis máis remedio (e a reconversión en Asturias que ?). Non tomaron decisións piores en Galicia por odiaren aos galegos. Só unha mentalidade intrísecamente chauvinista e burguesa pode pensar iso. E que eu saiba, gracias a Zapatero temos agora leis sociais progresistas, envexa de moitos países do noso entorno, desde Portugal a Grecia pasando por Italia, que a reaccionaria Galicia, sempre votando no PP agás curtos periodos de tempo, nunca aprobaría. Claro, os pobres e explotados empresarios galegos, tan boíños eles e explotados polos obreiros de Madrid...

8 Lobo

A Zapatero xa que tocas o tema tivo nun principio boas intencios, co seu discurso da pluralidade do Estado Español, pero logo lle impuxeron o jacobinismo español dos Guerra,Bono,etc.e logo a nivel economico baixous as calzas ante o gran capital cas suas contrareformas sociais, e eso si que é chauvinismo burgues español, mentras os galegos seguiron votando PP, porque o proxecto de esquerdas español non lles mola, agardemos que o proxecto de esquerdas galego, BNG, lles faga polo menos recapacitar onde esta o enemigo PP, e o contricante Psoe.

17 Lenin

Tereixa Moure a nova independende de moda da UPG.

16 Cousas veredes

Pois vai ser que a lista máis "renovadora" vai ser a de APU.

1 cousas vistas

Ah si, este está colocado na banda de Lestrove... o outro na banda de Laíño... hai que "renovar" contratos de lugares variados

15 IriaVoy

Iria Aboi, esa grande persoa que dirixe unha organización xuvenil que non fai nada... que a web leva sen actualizar case un mes, que o seu perfil no Facebook para ser unha rapaza nova esta menos actualizado que o de Fraga,e iso que xa morreu. Que non deu mitines a pesar de ir nas listas do senado, e que, ao final, vive do Partido. Que non e é quen de levar nin a 200 mozos nas manifestacións do BNG baixo a faixa de GALIZA NOVA, que como moito son 20... patético

1 saña

Estou de acordo contigo, Galiza Nova debe renovar non so a sua dirixente, senon tamen a sua actuacion,(e un decir) no seo da xuventude, non e de recibo tanta inoperancia politica en tanto tempo,

2 Eu xa estou

Pois ao meu concello veu a dar un mitin nas municipais para a mocidade e a rapazada quedou encantada coa súa intervención. De feito fixemos 4 altas a Galiza Nova.

3 vaia

Un mitin? vaia... presidenta de Galiza Nova, Candidata ao Senado, e da un mitin? hehe... patético... de todas formas, as 4 altas de nada serven, Galiza Nova non ten proxecto, ou mais ben non o cumple, ou sexa, non fai nada, funciona como as Diputacións.

4 saña

Non pode ser alguen dirixente de calquera organizacion para somentes dar mitines, hai que traballar todolos dias, orgaizar, mobilizar,debatir, nunha palabra pensar ca xuventude e para a xuventude e esto Galiza nova nono esta facendo demasiado ben, inda que persoalmente me cae ben Iria, pero ... non abonda

5 Serxio

Toda a razon douche. Pero xente asi sairon de Galiza Nova a feixes: Lobeira, Cela e dos CAF o mesmo: Ponton

14 comento

que querades que vos diga.... a lista APU, bastante mediocre. Iso si, con muito aparto "funcionarial" interno