Temas: PP CANGAS

Maioría absoluta da esquerda en Cangas onde o PP perde un concelleiro

Aínda que o PP segue como lista máis votada, o resto de grupos, en total catro, suman maioría absoluta.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/05/2019 | Actualizada ás 02:11

Comparte esta noticia


Os resultados electorais deste domingo consolidaron o escenario político na localidade pontevedresa de Cangas, cun concelleiro menos para o Partido Popular e maioría absoluta para a esquerda.

En concreto, nesta localidade intermedia de máis de 20.000 habitantes, o PP perde un concelleiro, ata situarse en sete. Aínda que segue como lista máis votada, o resto de grupos (ata catro) suman maioría absoluta.

Así, Alternativa Canguesa de Esquerdas logra catro edís, PSdeG outro catro (tres máis que en 2015), o BNG tres (un menos) e Avante! outro tres.

Durante o último mandato, ACE-SON, con só catro concelleiros dunha corporación de 19, gobernaba en coalición con AsPUN (cun)/cun) e o Bloque (con catro).

Cangas
Cangas | Fonte: Concello de Cangas.

Temas: PP CANGAS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta