O BNG acusa ao PSOE de “burlarse” e acosar ao seu candidato en Carnota

Denuncia un “ataque” á vivenda de Emilio Louro, Milucho, na noite electoral tras coñecerse que o PSdeG poderá substituír aos nacionalistas na alcaldía. As críticas chegan cando se negocian os pactos entre BNG e PSOE.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 29/05/2019 | Actualizada ás 11:35

Comparte esta noticia

O BNG de Carnota inicia a nova lexislatura con duras críticas ao PSOE local. A través dun comunicado apunta aos socialistas como os responsables dun ataque á vivenda do seu candidato Milucho na noite electoral. Así, acusa a uns descoñecidos de rociar a súa casa “con algún produto químico que desprendía un intensísimo cheiro desagradábel”. Isto fixo “practicamente imposíbel permanecer no seu interior polo cheiro insoportábel que se prolongaría durante varias horas”.

Emilio Louro, Milucho, segundo pola dereita, con Ana Pontón
Emilio Louro, Milucho, segundo pola dereita, con Ana Pontón | Fonte: QPC

O feito foi denunciado polo candidato nacionalista ante a Policía Local que se achegou á zona, redactou un informe e chamou á súa vez á Garda Civil, que xa está a investigar o incidente asi coma se os seus autores lograran acceder dalgún xeito ao interior da propiedade.

O BNG destaca que os problemas comezaran xa no Colexio Electoral de Lira, ao remate do reconto. “Un grupo de exaltados afíns ao PSOE comezaron a rebentar petardos potentísimos nas inmediacións do propio Colexio Electoral, detonando varios deles practicamente na porta do Colexio, desde onde o candidato socialista e os seus acólitos seguiran o reconto, berrando e burlándose mentras a Mesa trataba de rematar de cubrir as actas electorais”, apunta.

“Finalmente, tras o peche do Colexio estas persoas abandonaron a zona, mais o peor aínda estaría por chegar en Lariño”, apunta relacionando este caso co do ataque á casa do seu candidato. Por iso, no comunicado o BNG de Carnota “condea rotundamente o hostigamento” sufrido por Milucho.

Este capítulo empana definitivamente o proceso electoral e pon o colofón a unha campaña orquestrada de acoso e derribo contra o noso candidato desde hai varios meses, co único obxectivo de minar a súa reputación política e persoal con mentiras e falsidades, destruílo moralmente e provocar o seu fracaso electoral, e todo co máximo ensanamento e ningún respecto polos máis elementais límites da cortesía política que se pode agardar nunha democracia madura”, suliña.

Estes feitos teñen lugar nun concello que, ata agora gobernaba o BNG por maioría absoluta. Con todo, tras as eleccións do domingo a forza máis votada foi o PSOE, que pasa de dous a cinco concelleiros, mentres que o BNG baixa de seis a tres e o PP mantén os tres que xa tiña. As críticas nacionalistas auguran un difícil pacto co PSOE,  un pacto que a formación nacionalista podería manter nas deputacións onde xa gobernaba cos socialistas, así como nas grandes cidades galegas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta