Temas: FRASEOLOXíA

“Cheirar ó chamusco”, equivalente, entre outras, á castelá “oler a chamusquina”

O lingüista Xosé Antonio Pena Romay publica unha nova entrega da sección de fraseoloxía "Verbas sisudas non queren testemuñas".

Por Xosé Antonio Pena | | 02/06/2019 | Actualizada ás 12:27

Comparte esta noticia

Para darmos a entender que temos sospeitas de que nunha determinada situación ou nun determinado lugar hai encuberto algo que non se percibe a simple vista, nomeadamente cando entendemos que ese algo pode resultar malo ou pode traer consecuencias negativas, en castelán é normal, entre outras opcións, escoitar dicir que algo huele a chamusquina ou que a alguien le huele algo a chamusquina. En galego, como imos ver a seguir, contamos tamén con expresións que fornecen esa mesma significación:

Unha muller en Vincios (Gondomar), no medio do fume causado pola vaga de incendios que asolou Galicia en pleno mes de outubro
Unha muller en Vincios (Gondomar), no medio do fume causado pola vaga de incendios que asolou Galicia en pleno mes de outubro | Fonte: 1.1 Fotografía.

 

Olerle algo a chamusquina a alguien

{= Ter alguén sospeitas de que nunha situación ou nun lugar hai encuberto algo que non se percibe a simple vista, nomeadamente cando pensa que se trata de algo malo ou que pode traer consecuencias negativas.}

Cheirar(lle) ó chamusco # a chamusco

Cheirar(lle) a can

[E mais tamén]:

Cheirar(lle) ó torrado # a torrado

Cheirar(lle) ó gas # a gas

Ex.: Yo no sé qué te diga, pero que esté tan agradable y atento con todos me huele a chamusquina.

Eu non sei que che diga, pero que estea tan agradable e atento con todos chéirame ó chamusco a cana torrado ó gas.

 

● Tamén:

Olerle algo mal a alguien && No olerle algo bien a alguien

Cheirarlle mal && Non lle cheirar ben

 

● E mesmo:

Olerle a cuerno quemado

Cheirarlle a corno queimado

Ex.: Eu non sei que che diga, pero que estea tan agradable e atento con todos chéirame mal non me cheira nada benchéirame a corno queimado.

 

 

NOTAS:

1. Téñase en conta que na súa utilización recta, a expresión cheirar ó/a chamusco fornece o significado de cheirar a algo que se chamuscou ou que se queimou, tal e como se recolle no DRAG.

2. Polo que atinxe á paremia cheirar a can, cómpre facer notar que, coa debida adaptación e formando enunciado de seu, podemos tamén botar man das expresións seguintes: galiñas serán, pero chéirame a can # pero chéiranme a can ou pitos serán, pero óleme a can # pero ólenme a can. Ex.:

Eu non sei que che diga, pero dácheme a min que está agradable e atento de máis... E galiñas serán, pero chéirame/chéiranme a canE pitos serán, pero óleme/ólenme a can.

3. Obsérvese, así mesmo, que hai certos contextos nos que as expresións aquí recolleitas poderían confluír coas equivalentes á castelá dar algo mala espina a alguien, que veremos no seu momento. Ex.:

Que los médicos no nos hayan dicho todavía nada en claro me da mala espiname huele a chamusquina.

Que os médicos non nos dixesen aínda nada en claro dáme mala espiñachéirame ó chamusco.

E mesmo tamén poderían confluír, articulando as debidas adaptacións, coas equivalentes a haber gato encerrado, que tamén abordaremos nunha futura ocasión. Ex.:

Que los médicos no nos hayan dicho todavía nada en claro me da mala espiname huele a chamusquina. & Los médicos no nos han dicho todavía nada en claro, y me huele que aquí hay gato encerrado.

Que os médicos non nos dixesen aínda nada en claro dáme mala espiñachéirame ó chamusco. & Os médicos non nos dixeron aínda nada en claro, e dáme que aquí hai gato escondido.

4. As expresións galegas están tiradas das seguintes fontes:

- Recolleita propia da oralidade galega.

- Recolleita propia documental (artigos de prensa, artigos ou comentarios na Rede, obras escritas, folletos publicitarios, etc.).

- Guerra Otero, Pilar: Así falan en Trasar (1 e 2). Obra á que se pode acceder, a través de Internet, no enderezo seguinte:

(1): https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1296813709/contido/Galego/exercicios/pilar11.html

(2):

https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1296813709/contido/Galego/exercicios/pilar2.htm

- Hermida Alonso, Anxos: “Fraseoloxía de Matamá (Vigo)”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 11, 2009, páxs. 283-304. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Pereda Álvarez, José María: Aportaciones léxicas y folklóricas al estudio de la lengua gallega. Publicado en 1953. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- Real Academia Galega: Dicionario da Real Academia Galega (versión en liña).

- Ventín Durán, José Augusto: “Fraseoloxía de Moscoso e outros materiais de tradición oral”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, anexo 1, 2007.

 

Temas: FRASEOLOXíA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta