Só o ex alcalde de Tui conseguiu saír reforzado tras ser expulsado nunha moción de censura

Os outro nove rexedores que accederon aos gobernos municipais por mocións de censura saen reforzados e gobernarán en solitario ou con pactos en Coristanco, Boimorto, Sobrado dos Monxes, Fene, Mugardos, Noia, Santa Comba, Oia e Pontecesures.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/05/2019 | Actualizada ás 12:12

Comparte esta noticia

Oito dos dez alcaldes que o foron na lexislatura que agora termina despois dunha moción de censura reforzáronse nas urnas ou, en todo caso, están en disposición de gobernar de novo tras acceder ao bastón de mando co mandato xa iniciado. A excepción é Tui, onde saíu claramente reforzado o rexedor saínte, o socialista Enrique Cabaleiro, e que tras a revisión da xunta electoral --no escrutinio inicial conseguira unha histórica maioría absoluta-- quedouse a un voto de lograr este resultado inédito para o seu partido no municipio pontevedrés.

Concretamente, o PSOE logrou nove concelleiros en Tui, mentres que o PP e Converxencia 21 --que ostentaba a Alcaldía-- perden dous e un, respectivamente. A consecuencia política non se fixo esperar e o alcalde en funcións, Carlos Vázquez Padín, anunciou que renuncia á súa acta de concelleira na nova corporación.

A outra situación diferente é a de Coristanco, no que Abraham Gerpe, ex concelleiro socialista, accedeu á Alcaldía tras saltarse a disciplina do que era o seu partido co apoio de concelleiros do PP --que pasaron ao non adscritos--. Nestas eleccións, o exalcalde presentouse coa candidatura independente Contigo Somos Democracia, pero unicamente conseguiu un representante.

Nas eleccións do pasado domingo o PP foi a forza máis votada, pero perdeu un concelleiro, mentres que Terra Galega, cuxo candidato foi Amancio Lavandeira e quen sufriu a moción de censura, tamén se deixou dous concelleiros ao pasar de cinco a tres.

Neste municipio, o PP parte como forza con máis probabilidades de formar goberno, pero dáse unha importante fragmentación, xa que ademais destes grupos conforman a corporación a Agrupación de Electores de Coristanco de Antonio Pensado, con dous edís; e BNG e PSOE, cun cada un.

REFÓRZANSE OU PODERÁN GOBERNAR

Con todo, a tónica dominante nestes comicios foi en beneficio dos alcaldes que se fixeron co bastón de mando a través dunha moción de censura.

Así, en Boimorto, onde Gonzalo Concheiro conseguiu a Alcaldía en agosto de 2015 co tránsfuga socialista Juan Balado, o PP --con María Jesús Novo Gómez como candidata (que substituíu en 2016 a Concheiro)-- reforzouse e logrou maioría absoluta.

En Sobrado dos Monxes deuse unha circunstancia especial, xa que o alcalde desaloxado, o socialista Lisardo Santos, recuperou a través de moción de censura a Alcaldía da que fora desaloxado por María Jesús García Souto (Todos por Sobrado). O rexedor foi premiado e gañou con maioría as eleccións, ao obter o 72,58% dos votos e pasar de catro a sete concelleiros.

FENE, MUGARDOS

En Fene, Juventino Trigo (BNG) arrebatou a Gumersindo Galego (PP) o bastón de mando. Nas urnas, o PP gañou de novo, pero empatou co BNG en número de edís, polo que os nacionalistas están de novo en disposición de gobernar co apoio do PSOE.

En Mugardos, o PP de Juan Domingo de Deus, que foi desaloxado da Alcaldía, volveu gañar as eleccións, pero a alcaldesa en funcións, Pilar Díaz (Esquerda Unida-Son en Común), reforzouse nas urnas cun concelleiro máis e pode revalidar o posto con apoios doutras formacións de esquerdas (PSOE, que ten tres concelleiros, e BNG, que ten un).

NOIA E SANTA COMBA

Sen saír da provincia da Coruña, o alcalde de Noia, Santiago Freire Abeijón, foi o único que tras acceder por moción de censura non mellorou resultados e perdeu un edil con respecto a 2015. Con todo si está en disposición de gobernar cos independentes, que inicialmente gobernaran co PSOE pero logo propiciaron a moción de censura que lle outorgou o bastón de mando.

En Santa Comba, pola contra, o PP si se reforzou nas urnas e quedou a un concelleiro da maioría absoluta. Está por ver se María Josefa Pose revalida a Alcaldía, xa que é chave Compromiso por Galicia (CXG) con dous concelleiros. Esta formación, segundo ratificou a Europa Press o seu secretario xeral, Juan Carlos Piñeiro, dá autonomía local aos candidatos.

PROVINCIA DE PONTEVEDRA

No municipio pontevedrés de Oia, o PP, que se fixo coa Alcaldía para Cristina Correa Pombal (PP), mellorou os seus resultados e conseguiu a maioría absoluta o pasado domingo 26 de maio. Así, pasou de catro a seis, mentres que o PSOE perdeu un e o BNG conta con outro representante.

Mentres, en Pontecesures, o seu compañeiro de partido, José Manuel Vidal Seage (PP), tamén sae reforzado das urnas e consegue un concelleiro máis e poderá gobernar con Terra Galega, que perdeu un edil, e os independentes. A desaloxada Cecilia Tarela (BNG) pasou de segunda a terceira forza política ao adiantarlle o PSOE.

Carlos Vázquez Padín recolle o bastón de mando do ex rexedor de Tui, Enrique Cabaleiro
Carlos Vázquez Padín recolle o bastón de mando do ex rexedor de Tui, Enrique Cabaleiro | Fonte: FB tui

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 MLON

En Fene a moción de censura lla presentou o PP ó BNG e Nas eleccions perdeu un edil e o BNG subeu dous. A ver se vos informades antes de publicar.