O Sergas convoca outra reunión do Consello Técnico de Atención Primaria que abordará crear comisións sectoriais

Estas foron demandadas por diversos integrantes deste órgano.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/06/2019 | Actualizada ás 13:14

Comparte esta noticia

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) convocou para o xoves 13 de xuño unha nova reunión do Consello Técnico de Atención Primaria no que se abordará a aprobación do regulamento de funcionamento deste órgano, así como a proposta e creación de comisións sectoriais. Así consta na convocatoria remitida este xoves aos membros do Consello Técnico, á que tivo acceso Europa Press, na que entre o cinco puntos da orde do día inclúese, ademais, abordar "actuacións recollidas a curto prazo no Plan de Atención Primaria 2019-2021.

O cuarto punto da orde do día, antes de rogos e preguntas, centrarase na "proposta e creación de comisións sectoriais do Consello" Técnico de Atención Primaria, que foron demandadas por diversos integrantes deste órgano. A nova reunión do Consello Técnico terá lugar unha semana antes da xornada de folga que acordou convocar para o día 19 de xuño en Galicia a Asemblea de Áreas Sanitarias no ámbito de Atención Primaria na Comunidade galega.

Sala de espera do Sergas. XUNTA - Arquivo
Sala de espera do Sergas. XUNTA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta