A Real Academia reclama máis portugués nas escolas de Galicia "para potenciar a proxección exterior" do galego

O seu presidente, Víctor Freixanes, lamenta a escasa implantación do portugués nos centros educativos galegos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/06/2019 | Actualizada ás 19:25

Comparte esta noticia

A Real Academia Galega lamentou a escasa implantación do portugués nos centros educativos galegos e o seu presidente, Víctor Freixanes, reclamou unha maior presenza deste idioma nas escolas "como lingua irmá" para así "potenciar a proxección exterior" do galego.

A RAG reivindica o portugués nas escolas galegas, nun seminario internacional da Universidade Federal Fluminense, en Brasil
A RAG reivindica o portugués nas escolas galegas, nun seminario internacional da Universidade Federal Fluminense, en Brasil | Fonte: Europa Press

Freixanes, xunto a outros académicos como Rosario Álvarez ou Henrique Monteagudo, atópase en Brasil nunha visita institucional para estreitar lazos coa comunidade do ámbito da lusofonía.

O presidente da Academia interveu este xoves nun seminario internacional da Universidade Federal Fluminense onde, ademais de explicar as funcións da institución, abordou a situación do galego ante o espazo de comunicación en lingua portuguesa e nun contexto marcado da globalización.

Alí, advertiu da importancia de apoiarse "na creatividade e na capacidade de comunicación" para aumentar a proxección do idioma, e reiterou que a proximidade do galego e o portugués "debe ser aproveitada".

"O galego non é un idioma local", sinalou, senón que ofrece "un sitio no mundo" e permitirá que os novos creadores poidan "porse en comunicación con centos de millóns de persoas" da man "da gran familia galego-portuguesa". "Temos que reivindicar o portugués nas escolas como lingua irmá. Non para substituír ao galego, senón para apoiarnos nel de cara á proxección exterior".

É por iso que lamentou a "escasa" implantación do idioma luso nos centros galegos, a pesar da aprobación "por unanimidade" da denominada 'Lei Paz Andrade' no Parlamento de Galicia, polo que solicitou unha "estratexia ambiciosa" por parte dos responsables políticos, culturais e institucionais.

"Neste punto é onde temos a obriga de profundar para non perder as oportunidades, incluso facendo pedagoxía social entre nós, porque non todos os galegos e galegas son conscientes desta riqueza", insistiu Freixanes, quen apostou por desenvolver "maiores e mellores comunicacións" cos territorios de fala portuguesa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 30 comentarios

2 Caillou

Adoptar ás bravas a normativa de Lisboa sería un suicidio para o galego (mesmo o nacionalismo non o entendería). Seguir a usar a normativa castelanista da RAG é o camiño certo cara sermos un dialecto do español. Ónde está a solución? Nunha nova normativa mixta?? A fin está clara: ou escollemos xa logo ou non haberá nada que salvar.

1 Pertom

O caminho tem que ser a reintegraçom, si ou si se queremos que o galego siga a existir. O debate creo que deveria residir no ritmo do processo, no grau de aproximaçom e na maneira de leva-lo a cabo. Concordo, com todo, nas dificultades do cámbio, tanto porque moita gente já está afeita à norma da RAG como pola brutal opossiçom que ia haver de parte dos que precissamente nom falam galego, os espanholistas...

2 Malcolm

Ultimamente vexo que moita xente nos foros das redes emprega xa a normativa portuguesa "pura e dura". Outra xente usa unha normativa "intemedia" (cómo se chama? quén a dicta?). E digo eu: non habería que porse dacordo nuns mínimos e deixar de confundir ó persoal con tres normativas (4 se contamos "a fala" de Asturias...)? A min non me gusta a normativa xunteira pero non estou disposto a implantar o portugués como lingua nacional galega. Por suposto que defendo un achegamento á ortografía portuguesa pero dende unha identidade galega. Ningún bretón aceptaría hoxe a actual e prestixada normativa do galés para a súa lingua aínda sendo do mesmo tronco lingüístico. Nós temos que facelo co portugués? Nesto, como na política e en tantas outras cousas, a fragmentación do noso país é o noso pior inimigo. Co castrapo non imos a ningures, co portugués desaparecemos como sucre na auga (nota: xa van 3 normativas nos comentarios...)

3 Pertom

Concordo contigo. Persoalmente, eu acredito numha norma moi próxima ao português, reintegracionista, pero cos nossos traços própios (soluçom e nom solução, pronome che, fixo e nom fez, umha e nom uma, etc. etc. etc.). Nom hai tampouco umha norma de consenso entre reintegracionistas, pero basicamente hai duas correntes, os que escrevem diretamente em português padrom -opçom coa que nom concordo por artificiosa- e os que escrevem num galego reintegrado coma o meu, próximo ao modelo português mais com identidade galega de seu, que na prática se traduce em moi poucas diferenças realmente. Esta última é a opçom historicamente defendida pola AGAL, pero hoje em dia tamém hai membros dela que empregam o padrom português. Tenhem um livro publicado coas normas ortográficas reintegracionistas distinguindo estas duas correntes, pero nom é prescriptivo, senom que se limita a recolher os usos que se dam na prática no mundo reintegracionista.

4 Pertom

Evidentemente, urge consenso e pechar a guerra normativa, pero eu acho que nim o modelo da RAG nim o modelo do padrom português som boas soluçons, pois coido que conducem à assimilaçom. Digo isto porque algumhas vezes, ainda que poucas, tenho visto certos excessos em persoas reintegracionistas que empregam o padrom português, mesmo até extremos absurdos como imitar a pronúncia portuguesa com escasso éxito. Coido que o melhor é umha ortografia próxima do português e da escrita etimológica medieval que nom introduça fórmulas alheas à fala galega e permita moita liberdade com respeito às diferentes variedades dialetais do galego (um ç que pode ser pronunciado com seseo ou sem el, dependendo do falante; qu em palavras como "quando" que tamém admita a dupla pronúncia; possibilidade de escrever ditongo -oi, -ui da mesma maneira que tamém a RAG admite duplicidades como -ble, -bel, etc.)

5 Sarela

Pertom, cómo se chama o libro no que ven a normativa (AGAL?) que usas? Graciñas!

6 Pertom

Ortofrafia galega moderna confluente com o português no mundo, editado por Através. Este é: https://www.atraves-editora.com/pro... De nada! Um saúdo.

1 uu1

Palavras de Carbalho Calero " o porvir do galego está em não desvincular-se das outras formas do antigo galego-português que se manifestam como línguas de uso extracontinental e que podem reforçar o galego depauperado em quatro séculos de colonização linguística castelhana"