O PP da Coruña censura que o PSOE "achante" ante "a chantaxe" de Marea Atlántica

Acusan á marea de querer "amotinarse e controlar o barco desde a sombra".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/06/2019 | Actualizada ás 19:34

Comparte esta noticia



O Partido Popular da Coruña censurou que o PSOE herculino "achante" ante "as pretensións e a chantaxe" de Marea Atlántica, aos que acusan de querer "amotinarse e controlar o barco desde a sombra".

A través dun comunicado, os populares coruñeses que encabeza Beatriz Mato sosteñen que "o cheque en branco que os socialistas lle entregaron á Marea a noite do 25 de maio de 2015 volve agora a mans do PSOE".

"É un tándem como o que sufrimos os coruñeses durante catro anos, pero ao revés. Por tanto, non haberá un cambio na cidade. Haberá simplemente un cambio de goberno. E non é o mesmo un cambio que un cambio de goberno", engaden.

O PP sae ao paso deste xeito á decisión acordada por Marea Atlántica de facilitar a investidura da candidata socialista á Alcaldía da Coruña, Inés Rei, na sesión que se celebrará o 15 de xuño para a constitución da nova corporación municipal.

Así as cousas, lamenta que o PSOE coruñés rexeite "un goberno de coaliación" que os populares argumentan como unha forma de "non depender da Marea, aqueles que paralizaron a cidade".

"Desgraciadamente, parece iniciarse o camiño cara a outro catro anos de parálises, cara a outro catro anos de inestabilidade no goberno local", engaden.

Beatriz Mato propón un Distrito da Creatividade para devolver á Cidade Vella da Coruña 'a súa personalidade propia'. PP DA CORUÑA - Arquivo
Beatriz Mato propón un Distrito da Creatividade para devolver á Cidade Vella da Coruña 'a súa personalidade propia'. PP DA CORUÑA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Undacoruña

Estas danlle a botella.

1 Pazguata

E vai falar a indocumentada de Mato...