Tres feridos, un deles grave, nun accidente de tráfico en Cuntis

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/06/2019 | Actualizada ás 20:19

Comparte esta noticia

Tres persoas resultaron feridas, unha delas de gravidade, nun accidente ocorrido na localidade pontevedresa de Cuntis, na N-640, ao redor das 18,30 deste domingo.

Segundo a información recibida no servizo de emerxencias do 112 Galicia, a persoa que resultou ferida grave estaba a baixar dun coche cando foi atropelada por outro turismo, que chocou co seu vehículo. O suceso produciuse na recta de Anllada, no quilómetro 213 da N-640.

Tamén resultaron feridas as outras dúas persoas que viaxaban no turismo implicado e que necesitaron asistencia médica como consecuencia do impacto.

Ata o lugar do sinistro desprazáronse membros das 061-Urxencias Sanitarias e do GES da Estrada e bombeiros de Vilagarcía. Nun primeiro momento valorouse a posibilidade de que a persoa atropelada estivese atrapada baixo o turismo, aínda que finalmente descartouse esta información.

Os servizos sanitarios centráronse na atención dos feridos. Dous deles, os ocupantes do turismo, foron evacuados en ambulancia, e o máis grave, a persoa que sufriu o atropelo, trasladada no helicóptero medicalizado con base en Santiago.

Tamén se mobilizaron os axentes da Garda Civil de Tráfico e o persoal de limpeza e mantemento do Ministerio de Fomento, para retirar os restos provocados polo accidente e restablecer así as condicións de seguridade na vía.

Ambulancia do 061. 061-GALICIA - Arquivo
Ambulancia do 061. 061-GALICIA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta