Temas: MúSICA

A luminosidade de Jane Joyd e Russian Red na Coruña

Os proxectos musicais de Elba Fernández e Lourdes Hernández esgotaron as entradas unha semana antes do seu concerto, celebrado este sábado. O Centró Ágora da Coruña encheuse para gozar do espectáculo. GC estivo coas protagonistas. Vídeos no interior.

Por Paco Gallego | A Coruña | 12/02/2012 | Actualizada ás 13:04

Comparte esta noticia

Tivemos este pasado a inmensa fortuna de poder asistir, encomendados por Galicia Confidencial, ao concerto que Jane Joyd e Russian Red ofertaron a un público entregado no Auditorio do Centro Ágora da Coruña, recinto social e cultural que procura situarse como un lugar de referencia no competitivo mundo artístico e musical do noso húmido noroeste peninsular. Aproveitando alí a nosa presenza desde media tarde, coincidindo coas probas de son, charlamos con Elba/Jane sobre o seu futuro, nomeadamente do seu novo traballo discográfico, do que nos adiantou dous temas na noite. Un deles, "Dead Fish" recollémolo no propio directo para que o vaiades coñecendo. Unha marabilla. En todo caso, falaremos sobre Jane Joyd nuns días, centrándonos hoxe en comentar como se desenvolveu a noite e que nos pareceron estas dúas artistas de voz persoal e propositada melancolía pop. Unha aposta pola sinxeleza en ambos os dous casos. Máis sinalado en Jane Joyd, presentada ante o público coruñés con voz e guitarra acústica interpretada por ela mesma. A artista coruñesa vén de gañar o proxecto DEMO de TVE, o que lle deu a oportunidade de subirse ao escenario do pasado FIB (Festival Internacional de Benicassim), algo insólito entre os músicos desta cidade atlántica e atlantista. Recentemente fichada por I Wanna Management, prometeunos voltar moi pronto para presentar o seu novo traballo acompañada esta vez por músicos de renome. Debemos lembrar que para a súa aventura FIB contou con Xulio Vázquez (percusión), ex-integrante de Sevigny,  e Xose Lois Romero (acordeón).

Jane Joyd posa para nós pouco antes da súa proba de son.

Chegamos sobre as seis e media. A xente de Son Estrella, organizadores do concerto, entrevistaba a Jane Joyd. Agardamos quenda. Despois de tirar unhas fotos de rigor dentro deste luminoso espazo que é o Centro Ágora, pasamos ao Auditorio para recoller a proba de son de Russian Red, banda encabezada por Lourdes Hernández, e que se nos presentou baixo un formato reducido, con Pablo Serrano, tipo competente onde os haxa, ás percusións e Brian Hunt ao baixo e guitarra eléctrica. Lourdes alternou os seus temas entre a guitarra eléctrica e a acústica.  A proba de son levou o seu tempo, notándose despois na calidade despregada no seu directo. Temos algunha imaxe.


Lourdes Hernández durante a proba de son no Auditorio.

A primera en subirse ao escenario foi Jane Joyd. Presentou un set list formado por seis temas dos que tres formaban parte do seu repertorio coñecido, "My Loneliness", "Try Try Try" e "Last Days", un era unha versión de "The Bolves", de Bon Iver -tema habitual nos concertos de Jane- e dúas novidades, "Dead Fish" e a algo máis que impresionante "Heartless Horse (The Dissapearing Act)". Cando escoitedes este tema coa toda a súa instrumentación desexaredes berrar moi intensamente. É unha peza musical que acada unha altura endemoniada. Agardamos ansiosos ese traballo discográfico. Conseguimos capturar a preciosa "Dead Fish" xogándonos o tipo e levando ao límite a elasticidade dos nosos xeonllos. Ao noso lado disparaba Rubén Novo, de Empuje.net.

Jane Joyd e Russian Red comparten tristura e melancolía, por isto non están exentas de certas comparativas por parte da crítica musical especializada. Sen embargo, ao noso humildísimo entender, as modulacións vocais de Elba/Jane resultan moitísimo máis cromáticas, pasando dos sentimentos decaídos tan propios do noso tempo á rabia da desolación e, quizais, da rebeldía que, no caso da madrileña Lourdes Hernández, apenas se roza nalgún dos temas do seu xa extenso repertorio. A unión das súas voces oferta, sen ningunha dúbida, unha proposta de extrema calidade moi inusual no mediatizado e, as máis das veces, mercantilizado mundillo musical estatal. Non atoparemos as súas obras entre o máis vendido do top manta. Por sorte. Por calidade.


Lourdes Hernández aconpañada dun dos seus músicos de confianza, Brian Hunt.

Se no caso da coruñesa é absolutamente seguro que aínda lle queda moito percorrido por diante e moitas salas que pisar e bicar, polo que o seu concerto de onte debemos velo non máis que como unha presentación breve e intesa do que se nos aveciña con esta rapaza, no caso de Russian Red podemos aseverar que chegou á Coruña coroada sen dúbida algunha como a raíña do pop feminino español. O seu segundo traballo, "Fuerteventura" (2011) causou un grande impacto no panorama musical español, despois de "I Love Your Glasses" (2008), álbum que chegou a ser disco de ouro. "Fuerteventura" foi producido, grabado e misturado por Tony Doogan en Glasgow, e tocado polos músicos de Belle & Sebastian. Toda unha evolución natural lumínico-enigmática que madura a proposta musical de Russian Red. Temos recollido un dos seus temas interpretados onte:

En definitiva, e á espera de que preparemos un completo traballo sobre a figura artística de Elba Fernández/Pequena Suricata/Jane Joyd, recomendámosvos encarecidamente que persigades a súa carreira musical, percorrades a gramática da súa dor rabiosa e triste, sintades a presenza da escuridade pop, con influencias de folk anglosaxón, que representa esta coruñesa pequena en estatura, pero inmensa en capacidades artísticas, que sempre nos impresiona e seduce. Pintando os cadros da nosa desesperación, retratando os infortunios do noso presente imperfecto ou retándonos ao futuro condicional con mirada altivamente estudada, e lonxe de máis ambición que a que proporciona o traballo ben feito. Moi ben feito. Parabéns.


Jane Joyd agarda o seu momento para realizar a proba de son en tanto observa a Russian Red no escenario.

Contacta con nós en tendencias@gmail.com.

Temas: MúSICA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

5 Paco Gallego

Hai unha selección de fotos de Jane Joyd neste concerto aquí: http://axitpop.wordpress.com/2012/0... E catro vídeos, dous deles inéditos, aquí: http://axitpop.wordpress.com/2012/0... E moitas grazas por deixar os vosos comentarios!!!

4 Black Crow

Da gusto ir a in concierto de estas chicas, limpias, bien vestidas, modernas, cantan en inglés a un público elegante y cool ... en cambio vas a un concierto de los bloqueros esos de Mini y Mero y acabas lleno de pelo apestan a joldroco revenido desde 100 metros debido a los jerseis de ochos que no se cambian en una semana.

1 Pastelau

Non sei se o dis de broma, pero é a pura verdade.

3 fan

Eu paseime por alí onte e foi espectacular. Houbo dous colegas que quedaron sen entradas e foi unha pena porque foi un espectáculo caralludo

2 Abraiado

Dous artigos seguidos que non falan da "UPG"? ¿Que pasa neste confidencial?

1 Outro abraiado

Non sexas chouvinista, abraiado, que a UPG non é o centro do mundo aínda que queira selo. Eu só vexo falar de EI, +G, PNG, EN ou independentes pero non da UPG.

2 Non tan abraiado

Pasa que a conspiración anti-UPG só existe na vosa cabeza. Próximo capítulo en Sermóns Galiza.

1 Curioso impertinente

Paradoxalmente, a rapariga da Corunha (Jane Joyd) tem o seu site só em castelhano, enquanto a rapariga de Madrid (Russian Red) disponibiliza uma versão em galego do seu: http://www.russianred.es/pt/

1 Ágora

Pois presentou todos os seus temas unicamente en galego. É bo sabelo tamén. Ten razón o autor do artigo. Foi un concerto absolutamente marabilloso. Parabéns polo traballo.