Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/06/2019 | Actualizada ás 13:56
A deputada electa de En Común Unidas Podemos (e antes deputada de En Marea), Yolanda Díaz, eludiu pronunciarse este venres sobre a crise que afecta o grupo parlamentario de En Marea na Cámara galega, en relación coa elección do senador por designación autonómica, e apuntou que ese "debate" debe ser afrontado polos membros dese grupo.
Así, a preguntas dos medios sobre o risco de ruptura no grupo parlamentario, no que hai unha profunda división entre Villares e os deputados 'críticos', Yolanda Díaz afirmou: "Non me vou a pronunciar, eu estou a traballar por defender ao meu país, e compételles aos compañeiros do grupo parlamentario ese debate (...) Non ten sentido que dea a miña opinión".
Por outra banda, con respecto ás negociacións de pactos de investidura para a constitución das corporacións municipais, Yolanda Díaz limitouse a constatar que o PP "perdeu fol" en Galicia tras as eleccións, o que é "unha boísima noticia" para os galegos, e pediu "responsabilidade e altura de miras" para que "o máis pronto posible, a Xunta estea gobernada por forzas de esquerdas".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.