Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/06/2019 | Actualizada ás 18:01
O Partido Socialista e o Bloque Nacionalista Galego chegaron este venres a un acordo para conformar un goberno de coalición no municipio coruñés de Oroso que liderará o actual alcalde en funcións, o socialista Manuel Mirás.
O acordo prodúcese despois de que os socialistas de Oroso perdesen a maioría absoluta ao retroceder de sete a seis concelleiros. Con todo, coa incorporación da nacionalista Isabel Fernández Galego asegúranse a gobernabilidade o próximos catro anos.
En concreto, segundo informou o PSOE, a nacionalista pasará a ocupar a concellaría de Mulleres, Educación e Servizos sociais. O PSOE cualificou de "beneficioso e frutífero" o pacto alcanzado por ambas as formacións na xornada previa á constitución das novas corporacións municipais.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.