O CSIF pide que a universidade privada non duplique titulacións ante o risco de "perda de recursos" das públicas

En 2020 comezará a funcionar a Universidade Internacional da Empresa, iniciativa de carácter privado que lidera Abanca.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/06/2019 | Actualizada ás 18:45

Comparte esta noticia

O sindicato CSIF emitiu este martes un comunicado no que aposta porque a Universidade Internacional da Empresa, iniciativa de carácter privado que lidera Abanca, non duplique titulacións con respecto ás públicas, ante o risco de "perda de recursos".

Tal e como lembra o sindicato, esta universidade pretende especializarse nos estudos da empresa e no ámbito das ciencias sociais e a enxeñaría, co obxectivo de empezar a funcionar en 2020 na Coruña, Pontevedra e Vigo.

A Lei do Sistema Universitario de Galicia, apunta CSIF, establece que a nova universidade debe arrincar cun mínimo de oito títulos de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional, dos cales, polo menos catro, serán graos universitarios e dous programas de doutoramento.

Así mesmo, continúa, o catálogo de titulacións ofertadas "deberá ser complementario e non reiterativo respecto das titulacións preexistentes e consolidadas no sistema universitario galego". Por iso, e "co máximo respecto pola actividade que desenvolven as universidades privadas de calidade", CSIF reclamou que esta iniciativa non supoña "restar fondos e recursos ás universidades" públicas, "pondo en risco a calidade do sistema universitario galego".

Futuros estudantes universitarios
Futuros estudantes universitarios | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta