Primeira tirapuxa entre o PP e Democracia Ourensana tras as críticas de Jácome aos funcionarios

Alfonso Rueda lémbralle que "agora é alcalde" e que ten que "falar con responsabilidade". Pontón censura a "frivolidade" de Feijóo tras o pacto con Jácome para "manter a Baltar na Deputación".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/06/2019 | Actualizada ás 14:20

Comparte esta noticia

Primeiro tirón de orellas do PP a Democracia Ourensana cando aínda non pasaron nin catro días desde a investidura. número dous da Xunta e presidente provincial do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, lembroulle ao alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, que "ten que falar con responsabilidade" nas súas comparecencias públicas agora que é primeiro edil da capital provincial tras o pacto selado o pasado venres entre Democracia Ourensana e o PP para repartirse a alcaldía e presidencia da Deputación.

Cuestionado sobre o acordo este mércores nun acto como vicepresidente autonómico, Alfonso Rueda sumouse ao argumeto expresado desde o seu partido de que a intención co pacto é "dar estabilidade" aos gobernos local e provincial. "Ese argumento xa foi explicado e eu pouco máis teño que dicir", apostilou. Tamén se referiu, a preguntas dos medios, ás declaracións do recentemente electo alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, quen asegurou que existe "unha mafia policial" no corpo municipal da cidade.

"Jácome é agora alcalde de Ourense. Agora ten que pensar que cando fala faino como alcalde de Ourense. Ten que falar con responsabilidade", resolveu.

Gonzalo Pérez Jácome recibe o bastón de mando de Ourense
Gonzalo Pérez Jácome recibe o bastón de mando de Ourense | Fonte: EFE.

CRÍTICAS DE PONTÓN

Pola súa banda, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, arremeteu contra o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, a quen tachou de "frívolo" tras dicir unha cousa e facer outra sobre os 'populismos', aliándose en Ourense con Jácome para "manter a Baltar", ou cando defende o apoio á lista máis votada, a pesar de que en Madrid o PP fai o "contrario".

Pontón criticou que o PP avale a un candidato "que en campaña dicían que sería letal para Ourense", demostrando que "lle dá igual o que lles pase aos veciños e veciñas de Ourense". "O único que lle interesa (a Feijóo) é manter a Baltar na deputación e tentar, supoño, eliminando algúns actores políticos ver si é capaz de seguir manténdose no poder".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta