Feijóo: "Todos os galegos temos magnetismo polo oriental"

O presidente da Xunta copresenta un libro sobre divorcios nun acto canda Isabel Preysler e outros habituais da prensa rosa en Madrid.

Por Galicia Confidencial | Madrid | 23/02/2012 | Actualizada ás 10:05

Comparte esta noticia

"Teño que dicir que todos os galegos temos certo magnetismo polo oriental. A miña parella tamén ten raíces filipinas, por iso é un pracer saudar a Isabel". Esta é unha das frases que pronunciou o presidente da Xunta este mércores na presentación do libro "Un divorcio elegante" en Madrid.

None

A autora, a avogada Purificación Pujol, logrou reunir a boa parte dos protagonistas da prensa rosa na presentación da obra no Círculo de Lectores da capital do Estado. Acudiron entre outros, Isabel Preyler, autora do prólogo, Ana Rosa Quintana, Nuria González e Beatriz de Orleáns.

Entre os políticos estiveron o alcalde de Getafe, Juan Soler, e o expresidente de Madrid, Joaquín Leguina. Feijóo era a única autoridade de fóra de Madrid, pero foi un dos convidados á mesa de presentación, canda o comunicador Iñaki Gabilongo.

"Que fago eu aquí?" preguntouse Feijóo antes de botarlle o piropo a Preysler. O certo é que o presidente, a diferenza de Isabel Preylser, ten nula experiencia en divorcios, pois non está casado.

O  propio Feijóo volveu a aludir publicamente a súa parella, a xornalista Carmen 'Chinny' Gánir, ex-corresponsal de La Región na capital do Estado. Gánir, cunha ampla traxectoria profesional, incorporouse recentemente a un gabinete ministerial.

None

A oposición criticou en repetidas ocasións as frecuentes visitas de Feijóo a Madrid e outros lugares para atender mitins do PP, entrevistas en medios estatais ou, como neste caso, 'saraos' sociais.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 47 comentarios

24 André Teijido

Suponho que o de oriental refírese no subconsciente a "Plaza de Oriente"

1 Bruar

Aplaudo as tuas palabras. O comentario de Nunes Feijons pareces sacado do film "Forrest Glam". A estutupidez ten graos, e parece que o grado supino é o máis apropiado. Si gobernara un pouquiño...

23 Manolo2

No están mal los 40 comentarios que hay a esta hora, para una simple chorrada de nuestro presidente autonómico. Si, está claro que pasa demasiado tiempo por Madrid haciendo el indio.

1 Manolo2

Aunque bien mirado, teniendo en cuenta la aficción que hay al yoga, el budismo, el tai-chi, el kungfu y el karate...el presi tiene algo de razón.

2 Conde Roña

Eso es para pringaos las élites practicamos el abrazo birmano o el carrete chino, por cierto tengo que decirle al Presi que traiga a la china a hacer un curso de formación de esas artes orientales a inmigrantes de otras latitudes que yo bien conozco.

22 Antón

Xa, pero mentras os burgueses tedes magnetismo polas ninfas orientais de pel olor a xazmin e Ferreros Roche no bico con delicatessen sexiuais a xeito de carrete chino, os probes temos que conformarnos cando xuntamos unhas cadelas con ir a por cervexas ao chino de abaixo.

1 Manolo2

¿Pero tu eres pobre?

2 Antón

De clase.

21 Suído

Mi ma!! De sempre!! Leva toda a razón!!! A miña tataravoa practicaba ioga, a miña bisavoa foi unha estudosa da filosofía taoísta, na casa da miña avoa había unha mesiña desas de almorzar na cama con debuxos de chinesas e a miña sogra fai tai-chi. Por outra parte, nun antroido, a miña nai foi vestida de xaponesa, que a vin eu nunha foto. Este noso presidente é un fenómeno, sempre dá no cravo. E os galegos somos la leche. Déixovos, que marcho ás miñas clases de kung-fu.

20 Akribéstaton

1) Por que fala em nome dos galegos? Talvez porque fala como presidente da Junta? Está é a nova identidade galaica? 2) Por que faz um alarde no uso do anacoluto ou solecismo (dirimam expertos)? Se escreves em google (em castelhano, para dar mais opções) "tener magnetismo por" oferece quatro (pois o quinto não vale) resultados. As expressões corretas, mas simples (deveu de perder o norte pelo magnetismo) seria "sentimos-nos atraídos por", "percebemos o magnetismo de", "exercem magnetismo sobre", etc.