Feijóo: "Todos os galegos temos magnetismo polo oriental"

O presidente da Xunta copresenta un libro sobre divorcios nun acto canda Isabel Preysler e outros habituais da prensa rosa en Madrid.

Por Galicia Confidencial | Madrid | 23/02/2012 | Actualizada ás 10:05

Comparte esta noticia

"Teño que dicir que todos os galegos temos certo magnetismo polo oriental. A miña parella tamén ten raíces filipinas, por iso é un pracer saudar a Isabel". Esta é unha das frases que pronunciou o presidente da Xunta este mércores na presentación do libro "Un divorcio elegante" en Madrid.

None

A autora, a avogada Purificación Pujol, logrou reunir a boa parte dos protagonistas da prensa rosa na presentación da obra no Círculo de Lectores da capital do Estado. Acudiron entre outros, Isabel Preyler, autora do prólogo, Ana Rosa Quintana, Nuria González e Beatriz de Orleáns.

Entre os políticos estiveron o alcalde de Getafe, Juan Soler, e o expresidente de Madrid, Joaquín Leguina. Feijóo era a única autoridade de fóra de Madrid, pero foi un dos convidados á mesa de presentación, canda o comunicador Iñaki Gabilongo.

"Que fago eu aquí?" preguntouse Feijóo antes de botarlle o piropo a Preysler. O certo é que o presidente, a diferenza de Isabel Preylser, ten nula experiencia en divorcios, pois non está casado.

O  propio Feijóo volveu a aludir publicamente a súa parella, a xornalista Carmen 'Chinny' Gánir, ex-corresponsal de La Región na capital do Estado. Gánir, cunha ampla traxectoria profesional, incorporouse recentemente a un gabinete ministerial.

None

A oposición criticou en repetidas ocasións as frecuentes visitas de Feijóo a Madrid e outros lugares para atender mitins do PP, entrevistas en medios estatais ou, como neste caso, 'saraos' sociais.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta