Feijóo: "Todos os galegos temos magnetismo polo oriental"

O presidente da Xunta copresenta un libro sobre divorcios nun acto canda Isabel Preysler e outros habituais da prensa rosa en Madrid.

Por Galicia Confidencial | Madrid | 23/02/2012 | Actualizada ás 10:05

Comparte esta noticia

"Teño que dicir que todos os galegos temos certo magnetismo polo oriental. A miña parella tamén ten raíces filipinas, por iso é un pracer saudar a Isabel". Esta é unha das frases que pronunciou o presidente da Xunta este mércores na presentación do libro "Un divorcio elegante" en Madrid.

None

A autora, a avogada Purificación Pujol, logrou reunir a boa parte dos protagonistas da prensa rosa na presentación da obra no Círculo de Lectores da capital do Estado. Acudiron entre outros, Isabel Preyler, autora do prólogo, Ana Rosa Quintana, Nuria González e Beatriz de Orleáns.

Entre os políticos estiveron o alcalde de Getafe, Juan Soler, e o expresidente de Madrid, Joaquín Leguina. Feijóo era a única autoridade de fóra de Madrid, pero foi un dos convidados á mesa de presentación, canda o comunicador Iñaki Gabilongo.

"Que fago eu aquí?" preguntouse Feijóo antes de botarlle o piropo a Preysler. O certo é que o presidente, a diferenza de Isabel Preylser, ten nula experiencia en divorcios, pois non está casado.

O  propio Feijóo volveu a aludir publicamente a súa parella, a xornalista Carmen 'Chinny' Gánir, ex-corresponsal de La Región na capital do Estado. Gánir, cunha ampla traxectoria profesional, incorporouse recentemente a un gabinete ministerial.

None

A oposición criticou en repetidas ocasións as frecuentes visitas de Feijóo a Madrid e outros lugares para atender mitins do PP, entrevistas en medios estatais ou, como neste caso, 'saraos' sociais.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 47 comentarios

14 Otero

Propóñolle a GC unha enquisa para determinar cal é a maior gilipollada dese homiño dos Peares: 1ª_ A súa aparición coa mangueira de xardín en man durante a vaga de incendios do verán do ano 2006. 2ª_ A súa demostración de cosmopaletismo cando lle preguntou a un gandeiro por que se lle poñían nomes de muller ás vacas. 3ª_ O ridículo do congreso provincial do PP en Ourense, cando Baltar lle fixo morder o po. 4ª_ A visita ao Vaticano acompañado da súa "colaboradora" Chini. 5ª_ A asistencia a este sarao coa Preysler... Admítense suxestións, pois as gilipolladas deste suxeito son case tantas como actuacións.

1 cucheiro

Paréceme boa idea, voto pola segunda. Nun país de vacas debe ser o único que non se entera.

2 Suído

Eu voto pola do conxunto pret a porter mangueira/zapatitos náuticos. Toda unha declaración de intencións a imaxe. Ten cousas o homiño de bombeiro retirado, que se di pola miña terra.

13 Walton

O presidentucho cada día cae máis baixo. É curiosa a súa metamofose: comezou o seu mandato como elefante en cacharraría e agora non pasa de pulpo en garaxe.

12 Sanctius

Pois aínda que a participación dun presidente autonómico nun sarao destes sexa unha completa ridiculez, eu quedo encantado ao saber que o Frijoles está polo menos a 500 quilómetros do seu despacho de San Caetano, que nel é onde fai dano de verdade. Siga así, don Alberto, a ver se a próxima ocorrencia desta guisa se produce noutra galaxia.

1 El PPresidente

Pues me subo a una nave espacial, me voy a dar un garbeo por la galaxia de Andrómeda, digo aquello de que los castallanos del Noroeste tenemos un magnetismo por lo sideral y quedo como un estadista de primera.

11 Galicia Confidencial

No GC está permitido a crítica política máis dura dende calquera posicionamento ideolóxico. Non está permitido nin os insultos nin as descualificacións persoais. Aos poucos que aproveitan o anonimato para comentar sen un mínimo de educación animámolos por enésima vez a buscar outros foros. Grazas a maioría que contribuídes con sentidiño.

1 El PPresidente

Mal vais si queréis que os afloje la peseta. Copiad al diario sabonita de mi fiel Santiago y a lo mejor, si Javi el Camisetas y su gente no se llevaron hasta la última perra de la caja del IGAPE, os cae algo.

10 galegoexiliado

Este pailán faille a competencia ao alcalde de Santiago sr. Kennedy Roa a ver quen dí a maior burrada. De seguro que este libro é obrigatorio nas escolas galegos o proximo curso. Magoa que algo tan importante e de tanto calado cultural e intelectual non fose apresentado na Cidade do Despilfarro da Cultura.

1 Andrés López

Eu o que non entendo é que fai aí tamén o progre reconvertido en tele-misionero Iñaki Gabilondo. Ao mellor Feijóo pensou que como estaba este faro da verdade socialista, a cousa podía ser importante. Están os ríos tan revoltos, e temos pescadores tan cativos, que pasan estas cousiñas.