Feijóo: "Todos os galegos temos magnetismo polo oriental"

O presidente da Xunta copresenta un libro sobre divorcios nun acto canda Isabel Preysler e outros habituais da prensa rosa en Madrid.

Por Galicia Confidencial | Madrid | 23/02/2012 | Actualizada ás 10:05

Comparte esta noticia

"Teño que dicir que todos os galegos temos certo magnetismo polo oriental. A miña parella tamén ten raíces filipinas, por iso é un pracer saudar a Isabel". Esta é unha das frases que pronunciou o presidente da Xunta este mércores na presentación do libro "Un divorcio elegante" en Madrid.

None

A autora, a avogada Purificación Pujol, logrou reunir a boa parte dos protagonistas da prensa rosa na presentación da obra no Círculo de Lectores da capital do Estado. Acudiron entre outros, Isabel Preyler, autora do prólogo, Ana Rosa Quintana, Nuria González e Beatriz de Orleáns.

Entre os políticos estiveron o alcalde de Getafe, Juan Soler, e o expresidente de Madrid, Joaquín Leguina. Feijóo era a única autoridade de fóra de Madrid, pero foi un dos convidados á mesa de presentación, canda o comunicador Iñaki Gabilongo.

"Que fago eu aquí?" preguntouse Feijóo antes de botarlle o piropo a Preysler. O certo é que o presidente, a diferenza de Isabel Preylser, ten nula experiencia en divorcios, pois non está casado.

O  propio Feijóo volveu a aludir publicamente a súa parella, a xornalista Carmen 'Chinny' Gánir, ex-corresponsal de La Región na capital do Estado. Gánir, cunha ampla traxectoria profesional, incorporouse recentemente a un gabinete ministerial.

None

A oposición criticou en repetidas ocasións as frecuentes visitas de Feijóo a Madrid e outros lugares para atender mitins do PP, entrevistas en medios estatais ou, como neste caso, 'saraos' sociais.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 47 comentarios

4 Ágatha Ruíz de la Prada

Pues es verdad. Yo también tengo chachas filipinas. http://www.youtube.com/watch?v=BswH...

3 Misionero

Imagínense, 2006, Quintana o Touriño van un día de entresemana a Madrid a un acto de la farándula en el que está, no se, Salma Hayek y le suelta esa babosada de "los gallegos siempre estuvimos fascinados por las latinoamericanas" en público. Se imaginan las portadas de la prensa al día siguiente?!!!! En Galicia omertá, silencio, miedo. Solo el GC dá la cara. Gracias por seguir sí.

1 CranioF

Pois é a p... verdade. Qué vergonza de políticos temos. É que non hai nin ún en Galicia que dea a talla.

2 comento

definitivamente, este tío é par-vo profundo. Malvado con poder, mas par-vo de solemnidade. ASí nos vai...

1 Lobo

Este tio non é par-vo, os tontos son os que o se deixan engaiolar e seguen votando por el.

1 Daniel La Coruña

Os corroe la envidia. El presidente hace bien en promocionar Galicia en los foros de gente importante. Hay que ser miope y un poco pailán para no verlo

1 Alelum

Promocionar , que????. Promocionase el...

2 Carlos P

Isabel Preysler xente importante?

3 Dr. J

Galicia? Qué Galicia?

4 CranioF

Daniel, déixate de pallasadas, mellor faría Feijóo en ocuparse dos problemas da comunidade e non en aparecer en saraos como éste. Estáme empezando a defraudar este tio.