O Igape insiste en ter feito "xestións adecuadas" na procura dunha solución para Poligal e Isowat

e este mércores, un dos investidores interesados en Poligal abandonou o proceso e transcendeu que a opción do outro "está collida polos pelos".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/06/2019 | Actualizada ás 14:15

Comparte esta noticia

O director do Igape (Instituto Galego de Promoción Económica), Juan Cividanes, reivindicou que a Xunta está a facer as "xestións adecuadas" na procura dunha solución para Poligal en Narón e Isowat na Coruña. Destacouno ante senllas preguntas dos deputados Noa Presas (BNG) e Pancho Casal (que pediu o seu pase ao grupo mixto), na comisión de economía e industria do Parlamento.

En primeiro lugar, foi a nacionalista a que lle recriminou a Cividanes tardar " en por as pilas" ante a problemática da fábrica de Poligal. Precisamente este mércores, un dos investidores interesados en Poligal abandonou o proceso e transcendeu que a opción do outro "está collida polos pelos".

Respecto diso, o director do Igape defendeu as "xestións consensuadas co grupo de traballo" que se creou para o efecto de lograr resolver esta crise, e subliñou o "compromiso absoluto" do Goberno galego: "Seguiremos traballando, pero soluciones máxicas non temos", resolveu. En canto a Isowat, ante as cuestións de Pancho Casal, o responsable do organismo galego falou dun "longo" proceso no que a Xunta mantivo "interlocución con todos os axentes involucrados".

Nun conflito "xudicializado", fixo referencia tamén á decisión do xuíz de autorizar a renovación do expediente de regulación de emprego temporal (ERTE) tres meses mentres o investidor negocia. "Actualmente hai un potencial investidor interesado que pode facerse cargo desa unidade produtiva", apuntou, antes de confiar en que "esa solución poida estar encima da mesa no período en que se abriu" este mércores.

Por outra banda, na mesma comisión, a secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, cifrou en "máis de 8 millóns" o investido en formación para o sector da automoción durante 2018 e o que vai de 2019. Interpelada polo popular Moisés Rodríguez, indicou que, de acordo coas súas cifras, os beneficiarios de distintas medidas de formación alcanzaron os 4.500, en actuacións que a Xunta "seguirá traballando" para mellorar as competencias dos traballadores.

O director do Igape, Juan Cividanes no Parlamento
O director do Igape, Juan Cividanes no Parlamento | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta