Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/06/2019 | Actualizada ás 17:07
A provincia da Coruña poderá contar coa a presenza da Unidade Militar de Emerxencias (UME), que depende do Ministerio de Defensa, para realizar labores preventivas contra incendios forestais.
Así o puxo de manifesto este xoves a subdelegada do Goberno, Pilar López-Rioboo, na reunión celebrada polo Comité Provincial da Coruña de Coordinación Policial contra os Incendios Forestais e que copresidiu xunto co delegado da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro. De feito, sinalou que na actualidade a UME xa ten varias unidades no territorio galego.
Ademais, lembrou que os servizos contraincendios disporán de imaxes por satélite para a detección de puntos quentes. O sistema Copérnico permitirá e facilitará a emisión de mapas que establece a situación e o perímetro dos incendios.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.